Domingo, 8 de novembro Xinzo 11° Garda: FARMACIA OLIVERA CORTIÑAS, C. B.
Concello de Xinzo de Limia

A “Seguridade Violeta” chega ós institutos de Xinzo

2 min de lectura

Fonte
Concello de Xinzo de Limia
Concello
Xinzo de Limia
Publicada
5 mar. 2024
Ver a noticia orixinal

Xinzo de Limia, a 05 de Marzo de 2024.  Dentro da programación do 8M, organizada polo CIM e a Concellería de Servizos Sociais, Igualdade e Saúde; os días 5 e 6 de marzo estase a desenvolver a actividade “Seguridade Violeta”, financiada a través do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero.
Esta actividade pretende dar resposta á necesidade de educar en igualdade e na prevención de violencias machistas. Sendo moi conscientes de que é necesario intervir en todas as etapas evolutivas e en todo momento, con esta actividade, queremos facer incidencia especialmente na etapa vinculada á adolescencia, etapa de cambio, de afianzamento da personalidade e con múltiples influencias e referentes.
Actualmente, a pesares dos pasos que a nosa sociedade está dando cara unha igualdade máis real, podemos observar como as novas xeracións seguen sendo educadas reproducindo estereotipos e roles de xénero que indirectamente inciden na reprodución e aceptación de violencias machistas. 
Fronte a esta realidade, é preciso que a través de actividades como “Seguridade Violeta”, se traballe na búsqueda dunha igualdade real e tanxible, servindo de complemento á formación académica que se presta nos centros de ensino e sendo un espazo ideal para crear estos contidos.
“Seguridade Violeta” estase a desenvolver en 4 sesións, de dúas horas de duración cada unha, nas cales se fai un percorrido para identificar machismos invisibilizados e normalizados na sociedade, que contribuén a manter modelos sociais desigualitarios. Tamén traballamos en coñecer os diferentes tipos de violencias existentes na sociedade, desmontar mitos asociados ao feminismo e á permisividade de certas conductas, identificar conductas e posibles vítimas de violencias machistas e, finalmente, coñecer ferramentas para intervir nestas realidades. Faise incidencia na importancia de crear relacións baseadas no respecto, na comunicación e no consentimento a través dunha metodoloxía participativa e dinámica. 
Acompañando a este actividade, crearase un contido audiovisual que servirá como canle de divulgación das conclusións traballadas, sendo asi o propio alumnado o referente. Este material pode ser empregado tamén para chegar ao conxunto da comunidade educativa, falando asi de famílias, profesorado e alumnado. Este contido audiovisual será exposto o día 22 de marzo.
 

Saber máis · Descubre A Limia Xinzo de Limia 9.699 habitantes · 20 parroquias Coñecer o concello →
PNFPB Install PWA using share icon

For IOS and IPAD browsers, Install PWA using add to home screen in ios safari browser or add to dock option in macos safari browser