Venres, 13 de novembro Xinzo 14° Garda: MARIA SOLEDAD RODRIGUEZ GARRIDO
Concello de Vilar de Santos

Noemí Vázquez, de A Arca da Noe, gañadora do IX Premio Pedra Alta 2026

1 min de lectura

Fonte
Concello de Vilar de Santos
Concello
Vilar de Santos
Publicada
13 nov.
Ver a noticia orixinal

O Padroado do Museo da Limia premiará a Noemí Vázquez Nogueiras polo seu traballo dinamizando a cultura no rural desde o seu espazo A Arca da Noe, en Vilar de Santos.

A entrega do galardón terá lugar o sábado 28 de novembro de 2026, ás 12:00 horas, no Salón Multiusos da Casa do Concello de Vilar de Santos. O acto é gratuíto, aberto a todo o público e contará con música en directo.

Despois da entrega, haberá un xantar de confraternidade no Restaurante Novaiño, en Sandiás, ás 14:00 horas. Para asistir, é obrigatorio apuntarse e facer o pagamento antes por transferencia:

  • Cocido: 35 euros.
  • Menú infantil: 15 euros.
  • Conta bancaria (Banco Santander): ES56 0049 4936 1021 1619 0327.
  • Titular: CULTURAL PADROADO DO MUSEO ETNOLÓXICO DA LIMIA.

Ao facer a transferencia, é moi importante indicar no concepto o nome e apelidos das persoas que acudirán ao xantar.

Saber máis · Descubre A Limia Vilar de Santos 784 habitantes · 2 parroquias Coñecer o concello →
PNFPB Install PWA using share icon

For IOS and IPAD browsers, Install PWA using add to home screen in ios safari browser or add to dock option in macos safari browser