
Noemí Vázquez, de A Arca de Noe, gañadora do Premio Pedra Alta 2026
- Fonte
- A Limia News
- Concello
- Vilar de Santos
- Publicada
- 9 nov.
O Padroado do Museo da Limia recoñece a Noemí Vázquez Nogueiras pola súa década de traballo dinamizando a cultura no rural de Vilar de Santos.
A entrega do galardón, que consiste nunha réplica en granito do menhir atopado na Lagoa de Antela, terá lugar o vindeiro 28 de novembro.
Estes son os detalles da xornada:
- Acto oficial: Ás 12.00 horas no salón multiúsos do Concello de Vilar de Santos.
- Celebación: Ao rematar, haberá un xantar no Restaurante Novaiño, en Sandiás.
A asistencia ao acto é libre, pero para participar no xantar de confraternidade é necesario anotarse previamente. O custo da comida deberá ser abonado por cada asistente.
Saber máis · Descubre A Limia
Vilar de Santos
784 habitantes · 2 parroquias
Coñecer o concello →


