← Volver Concello de Xinzo de Limia

Remata coa entrega de diplomas o Obradoiro de Emprego no Camiño

Remata coa entrega de diplomas o Obradoiro de Emprego no Camiño

Fotografía de arquivo. A Limia News.

Xinzo de Limia, a 26 de setembro de 2023.  Esta mañá celebrouse na Casa da Cultura o acto de clausura e entrega de diplomas ás 20 persoas participantes deste Obradoiro de Emprego. O programa cofinanciouse entre a Consellería de Emprego e Igualdade e os concellos de Xinzo de Limia e Sandiás.
O alcalde de Xinzo de Limia, Amador Díaz, estivo acompañado polo alcalde de Sandiás, Felipe Traveso, polo xefe territorial de Emprego e Igualdade, Iago Borrajo, e pola exalcaldesa Elvira Lama. O acto estivo moderado por Margarita Vázquez Alcalde, directora do Obradoiro.
Tódolos intervenientes quixeron agradecer o traballo e implicación das 20 alumnas e alumnos, que conseguiron levar adiante moitos proxectos de humanización en ambos concellos. Concretamente en Xinzo de Limia, podemos destacar os traballos de xardinaría entorno ás principais tarefas de mantemento dos moitos parques e xardíns que temos no Concello. Reparación e renovación de xardineiras, poda de árbores e un longo etcétera de actuacións nos entornos do Parque da Seara, Rúas Lepanto e Galicia, o grupo Santa Mariña ou o Parque do Pombal entre outras. Tamén se incidiu por parte da sección de carpintaría no mantemento e reparación de bancos, así coma no embelecemento e humanización de diferentes zonas coa instalación de varandas  ou cobertoiras para os colectores do lixo.
A día de hoxe existe intencionalidade por parte de tódalas institucións implicadas en darlle continuidade a este proxecto. Dende o Concello de Xinzo de Limia, sinalou o alcalde Amador Díaz que “queremos seguir ofertando cada ano este Obradoiro tan positivo para a mellora da empregabilidade, así como para a humanización de espazos públicos durante os diferentes procesos de aprendizaxe das alumnas e dos alumnos”.
 

Fonte: xinzodelimia.gal

Ver noticia completa
concello Empleo xinzo
Tamén che pode interesar
Vilar de Santos recolle medicamentos e material sanitario para os campamentos saharauís
Concello de Vilar de Santos Vilar de Santos recolle medicamentos e material sanitario para os campamentos saharauís
O Concello de Vilar de Santos organiza unha campaña de recollida de fármacos e material de cura para axudar ás persoas refuxiadas nos campamentos de Tinduf, no Sáhara. O material recollido levarano profesionais sanitarios galegos da organización SOGAPS, que viaxarán ata alí para atender á poboación local. Podes entregar as túas doazóns directamente nas dependencias municipais ata o vindeiro día 5 de cada mes, xa que a expedición sae o día 10. Para garantir que o material sexa útil, só se acept…
30 de septiembre de 2026 1 min lectura
NOTICIAS XINZO | El CEIP Carlos Casares y el Rosalía de Castro participan en el piloto escolar de vacunación sin pinchazo
Diario do Limia NOTICIAS XINZO | El CEIP Carlos Casares y el Rosalía de Castro participan en el piloto escolar de vacunación sin pinchazo
La Xunta de Galicia ha dado comienzo a la segunda edición del proyecto piloto de vacunación antigripal escolar, una iniciativa que lleva la vacuna intranasal, sin pinchazo, a un total de 75 centros educativos de toda la comunidad autónoma. El objetivo principal fijado por el Ejecutivo autonómico es alcanzar una cobertura infantil del 60 % y proteger a 26.536 escolares.   En el área sanitaria de Ourense, Verín y O Barco de Valdeorras, son 13 los colegios que participan en esta iniciativa. En…
13 de octubre de 2026 1 min lectura
PNFPB Install PWA using share icon

For IOS and IPAD browsers, Install PWA using add to home screen in ios safari browser or add to dock option in macos safari browser