← Volver La Voz de Galicia

O Consello da Cultura Galega lembra a Genoveva Vázquez, parteira da Limia

O Consello da Cultura Galega lembra a Genoveva Vázquez, parteira da Limia

Fotografía de arquivo. A Limia News.

Genoveva Vázquez Calviño Cedida

A biografía da ourensá foi incorporada ao Álbum de Galicia
23 may 2024 . Actualizado a las 19:12 h.

A comezos do 2020 o Consello da Cultura Galega presentaba o seu proxecto Álbum de Galicia, unha iniciativa composta por unha colección dixital de biografías de persoas que destacaron nos máis diversos aspectos: a sociedade, a ciencia, a cultura ou a empresa. O álbum vai sumando cada pouco nomes e agora o Consello da Cultura Galega incorporou ao mesmo a Genoveva Vázquez Calviño (Ponte Barxes, Bande, 1896 – Xinzo, 1971), coñecida popularmente como «a parteira da Limia».

De formación autodidacta, fíxoo a través dos libros de medicina que había na súa casa, Genoveva Vázquez exerceu como parteira durante medio século e os seus servizos foron demandados por persoas de toda clase social. Destacou pola súa discreción no exercicio dun labor polo que nunca aceptaba ningún tipo de pagamento. Dende a Asociación Escola Rural de Saúde da Limia, colectivo que reivindicou e recuperou a súa figura, incidiuse no seu día no feito de que grazas a ela se salvaron moitas vidas.
A figura da coñecida popularmente como «a parteira da Limia», exemplo de sororidade, destacou pola súa xenerosidade e a entrega para o ben común.

Archivado en: Xinzo de Limia Consello da Cultura Galega Bande Libros

Fonte: lavozdegalicia.es

Ver noticia completa
Bande Consello da Cultura Galega La Voz de Galicia Libros prensa Xinzo de Limia
Tamén che pode interesar
Antón Riveiro Coello presenta en Boiro a súa novela 'Os abandonos'
La Voz de Galicia Antón Riveiro Coello presenta en Boiro a súa novela 'Os abandonos'
O escritor Antón Riveiro Coello presentou este venres no Centro Social de Boiro a súa nova novela, Os abandonos, un libro que afonda nas complexas relacións familiares e na dura realidade da demencia. A trama céntrase na figura de Lucía e a súa irmá Susana, quen se ven na obriga de ingresar a súa nai, Delfina, nunha residencia ao sufrir esta unha dependencia avanzada. O relato explora o conflito xeracional e o peso das vivencias pasadas, como o internamento da protagonista na súa infancia. Alg…
26 de septiembre de 2026 1 min lectura
Cinco mulleres da Limia reivindican o seu papel clave na agricultura
La Voz de Galicia Cinco mulleres da Limia reivindican o seu papel clave na agricultura
O mosteiro de Trandeiras, en Xinzo de Limia, acolleu esta semana o encontro «Semillas de Igualdad» para visibilizar o traballo das agricultoras na nosa comarca. O acto, organizado pola empresa Patatas Meléndez con motivo do Ano Internacional da Muller Agricultora, contou coa participación de cinco profesionais da provincia: María Antonia Calvo Carballo, produtora de pataca. Maite Joga, presidenta de Adegal. Lola Rico, coordinadora de Afammer en Ourense. Mónica Míguez e Melanie Araújo, agric…
18 de octubre de 2026 1 min lectura
Xinzo acollerá unha exposición sobre o humor de Antonio Mingote
La Voz de Galicia Xinzo acollerá unha exposición sobre o humor de Antonio Mingote
A Casa da Cultura de Xinzo de Limia exhibirá a mostra «Arte e humor. O enxeño de Antonio Mingote» entre o 21 de outubro e o 27 de novembro. Esta exposición, que nace dun acordo entre o Concello, Abanca e Afundación, fai un percorrido pola historia da arte vista a través dos debuxos e a ironía de Antonio Mingote. Os detalles da visita son: Lugar: Casa da Cultura de Xinzo. Datas: do 21 de outubro ao 27 de novembro.
10 de octubre de 2026 1 min lectura
PNFPB Install PWA using share icon

For IOS and IPAD browsers, Install PWA using add to home screen in ios safari browser or add to dock option in macos safari browser