Domingo, 22 de novembro Xinzo 7° Garda: PRIETO VIVANCO-CONDE C.B
Diario do Limia

Nace a Asociación Ourensá de Clubs de Baloncesto Base para impulsar este deporte na provincia

2 min de lectura

Fonte
Diario do Limia
Concello
Xinzo de Limia
Publicada
4 xul.
Ver a noticia orixinal

Un total de 12 clubs de baloncesto base da Delegación Zonal de Ourense constituíron este xoves, 2 de xullo, a nova Asociación Ourensá de Clubs de Baloncesto Base (AOCBB) co obxectivo de defender os seus intereses e fomentar a práctica deportiva.

A fundación tivo lugar na Sala de Xuntas das Federacións, situada no barrio do Couto, en Ourense. Tras un proceso de debate e análise dos estatutos, os 12 clubs promotores asinaron a acta fundacional e os documentos que rexerán o funcionamento da nova entidade.

Os clubs fundadores que integran a AOCBB son:

  • CBF Barco
  • EDO Blanco Amor
  • AD Bosco
  • CB Burgas
  • Carmelitas
  • BXL Celanova
  • CB Deordima
  • CB Val de Lemos
  • Club Maristas
  • CD María Trinidad Miraflores
  • CB Xuventude Verín
  • AB Xinzo

Desde a asociación sinalaron que o resto de clubs da delegación teñen as portas abertas para sumarse ao proxecto cando o desexen. A estrutura organizativa estará composta por unha Asemblea Xeral, onde cada club contará cun voto, e unha Xunta Directiva encargada da representación institucional, que se renovará cada mes de xullo ao remate da tempada.

Os fins principais desta nova entidade son:

  • Potenciar o baloncesto base na delegación ourensá.
  • Velar pola boa relación e o respecto entre os clubs.
  • Representar ao sector ante a Federación Galega de Baloncesto e outras institucións.
  • Defender os dereitos dos clubs e mellorar as súas condicións económicas e de instalacións.
  • Organizar actividades de formación para xogadores e adestradores.

O primeiro paso oficial da asociación terá lugar o vindeiro martes 7 de xullo, data na que celebrarán unha reunión coa Federación Galega de Baloncesto, que preside Julio Bernárdez.

Saber máis · Descubre A Limia Xinzo de Limia 9.699 habitantes · 20 parroquias Coñecer o concello →
PNFPB Install PWA using share icon

For IOS and IPAD browsers, Install PWA using add to home screen in ios safari browser or add to dock option in macos safari browser