A Asociación Cultural A Pantalla organiza este venres 13 de novembro un magosto popular na Praza dos Ovos de Xinzo de Limia. A festa, que comezará ás 19:00 horas, conmemora o 30 aniversario da entidade.
O evento conta co apoio do Concello e ofrecerá unha cea tradicional para todos os asistentes, ademais de música en directo:
- Menú: porco ao espeto, empanada, castañas, bica e viño.
- Música: actuación do grupo O Lobo da Xente.