
Defensa da tese doutoral sobre educación social e envellecemento no medio rural
- Fonte
- Dende A Limia
- Concello
- Sarreaus
- Publicada
- 16 xuño
O pasado venres 12 de xuño, no Salón de Grados da Facultade de Educación e Traballo Social, realizouse a lectura da tese doutoral titulada “Educación Social e envellecemento no rural. Análise da Traxectoria no pobo-escola de Lodoselo”. A investigación foi presentada por María Esther Pérez Enríquez, baixo a dirección de Xosé Manuel Cid Fernández.
O tribunal cualificou o traballo como un estudo etnográfico rigoroso e de elevada relevancia temática. A investigación aborda aspectos fundamentais como o envellecemento, o sobreenvellecemento e a necesidade de superar o idadismo, propondo un cambio de paradigma que entenda a vellez como un modelo centrado nas capacidades das persoas e non como un modelo de deficiencia.
Aspectos clave da investigación:
- Desenvolvemento comunitario: Destaca a importancia de proxectos como o CDR como modelos de resistencia e vangarda, alineados cos Odras de Desenvolvemento Sostible (ODS).
- Impacto social: Subliña o papel da educación social na transformación das realidades, o empoderamento e a necesidade de unha maior sensibilidade no traballo con persoas.
- Liñas de futuro: A tese enfatiza a importancia de formar profesionais sensibilizados para acompañar á sociedade, promover programas interxeracionais e construír unha cidadanía crítica, activa e participativa que axude a garantir unha vida digna para toda a población.
Saber máis · Descubre A Limia
Sarreaus
1.068 habitantes · 9 parroquias
Coñecer o concello →


