← Volver Concello de Xinzo de Limia

Xinzo nomeará Fillo Adoptivo a Don Gonzalo Iglesias Sueiro

Xinzo nomeará Fillo Adoptivo a Don Gonzalo Iglesias Sueiro

Fotografía de arquivo. A Limia News.

Xinzo de Limia, a 19 de abril de 2024. Durante a sesión plenaria celebrada este venres abordáronse diversos temas de relevancia para a comunidade local. 
O punto máis destacado, que foi aprobado por unanimidade, é o nomeamento como Fillo Adoptivo a Don Gonzalo Iglesias Sueiro. A súa incalculable traxectoria como pedagogo, a súa contribución no eido da cultura e a súa capacidade política e de servizo público, remarcan a figura do homenaxeado e representan unha honra para toda a veciñanza. Esta proposta xorde dunha iniciativa popular encabezada polo querido Alfonso Lois, anterior técnico de Cultura do Concello.
Tras unha moción da oposición todo o pleno votou de xeito unánime a favor de solicitarlle á Confederación Hidrográfica do Miño-Sil que siga investindo nunha nova fase do Mosteiro do Bon Xesús de Trandeiras, afondando nas infraestruturas hidráulicas e canalizacións das que dispón. O presidente da CHMS amosou o seu interese neste novo proxecto no mes de marzo, cando realizou unha visita ás últimas obras de acondicionamento deste importante recurso patrimonial para toda a comarca.
Tamén se ratificou o convenio de colaboración para o Obradoiro de Emprego do Peregrino entre os Concellos de Xinzo de Limia e Sandiás. Este programa, que se desenvolverá por terceira vez, incluirá diversas actuacións de embelecemento e pon en valor unha vez máis a colaboración intramunicipal como cabeceira de comarca.
Aprobouse o convenio que permitirá comezar na maior brevidade as obras da Pista da Armada cun custo de cero euros para as arcas do Concello, e procedeuse á aprobación inicial da modificación das taxas polo uso das infraestruturas deportivas, o que suporá un lixeiro aumento nos prezos para equiparalo ó doutros Concellos semellantes.
Por último, destacouse favorablemente a visita do Alcalde Amador Díaz á provincia ecuatoriana de Tungurahua, en favor da internacionalización de Xinzo de Limia e da cooperación social con distintas rexións de todo o mundo.

Fonte: xinzodelimia.gal

Ver noticia completa
concello Plenos xinzo
Tamén che pode interesar
Xinzo facilitará a creación do centro de LIMISI en Morgade e fixa os festivos de 2027
Concello de Xinzo de Limia Xinzo facilitará a creación do centro de LIMISI en Morgade e fixa os festivos de 2027
O Concello de Xinzo de Limia aprobou bonificar os impostos para as obras do novo centro ocupacional de LIMISI en Morgade. Ademais, o pleno acordou os festivos locais para o ano que vén e anunciou que rematará de pagar a súa débeda catro anos antes do previsto. A medida principal da sesión plenaria desta semana busca axilizar a construción do Centro Ocupacional de LIMISI. Ao eliminar taxas municipais para a obra, o goberno local agarda que os traballos comecen canto antes. Estes foron outros as…
27 de agosto de 2026 2 min lectura
PNFPB Install PWA using share icon

For IOS and IPAD browsers, Install PWA using add to home screen in ios safari browser or add to dock option in macos safari browser