← Volver Concello de Xinzo de Limia

Xinzo contará cunha residencia de maiores con 80 novas prazas e 35 postos de traballo

Xinzo contará cunha residencia de maiores con 80 novas prazas e 35 postos de traballo

Fotografía de arquivo. A Limia News.

Xinzo de Limia, a 03 de outubro de 2024. O pleno ordinario do Concello de Xinzo de Limia celebrado hoxe aprobou a bonificación do Imposto sobre Construcións, Instalacións e Obras (ICIO) para a rehabilitación dun edificio destinado a unha nova residencia de maiores na rúa da Roda. Este proxecto suporá a creación de 80 prazas para persoas usuarias e 35 novos postos de traballo.
O alcalde, Amador Díaz, destacou a importancia desta iniciativa non só por atender unha demanda social crecente, senón tamén polo impacto que terá na creación de emprego na vila. “Facilitar a instalación de empresas que, ademais de crear postos de traballo, presten servizos fundamentais é unha das nosas prioridades”, sinalou. O proxecto foi aprobado cos votos a favor do grupo de goberno e do PSdeG, mentres que o BNG votou en contra.
Ademais, no marco do convenio asinado co Concello, reservaranse 4 prazas na residencia para o uso municipal, durante un período inicial de 24 meses, cunha prórroga posible ata 4 anos. Estas prazas serán xestionadas polos Servizos Sociais do Concello, garantindo que persoas en situación vulnerable poidan beneficiarse delas.
A pesar da creación desta residencia privada, o Concello mantén o seu compromiso de traballar nun proxecto a longo prazo para unha residencia pública, compatible coa oferta privada que se instalará na vila.
Outro dos puntos de relevancia abordados no pleno foi a ratificación do convenio de cooperación entre Xinzo de Limia e a Cámara de Montalegre, no marco do proxecto de creación da Eurocidade Xinzo de Limia Montalegre. A Eurocidade non só busca reforzar os lazos culturais e sociais entre Xinzo de Limia e a cidade portuguesa de Chaves, senón tamén impulsar unha economía mutua e potenciar a colaboración en sectores produtivos, culturais e sociais. Este convenio, que foi definido como “a primeira pedra” dunha cooperación máis ampla, pretende beneficiar directamente á poboación das localidades transfronteirizas e, nun futuro, integrar outros concellos da comarca.
O pleno tamén aprobou a Conta Xeral de 2023 por unanimidade, o que reflicte unha xestión económica equilibrada. Ademais, acordouse a inclusión dun suplemento de crédito para as contas de 2024, incorporando o remanente de tesourería do ano anterior e a devolución de tributos do Estado do ano 2022. Estes fondos destinaranse ao pago de facturas, novas obras e infraestruturas, así como aos gastos de enerxía eléctrica, actividades culturais e deportivas.
 

Fonte: xinzodelimia.gal

Ver noticia completa
concello Plenos xinzo
Tamén che pode interesar
O Concello de Xinzo de Limia aproba por unanimidade a rehabilitación do Mosteiro de Trandeiras e a candidatura da Festa do Esquecemento
Concello de Xinzo de Limia O Concello de Xinzo de Limia aproba por unanimidade a rehabilitación do Mosteiro de Trandeiras e a candidatura da Festa do Esquecemento
A corporación municipal de Xinzo de Limia aprobou este venres, por unanimidade, os principais puntos da súa sesión plenaria de xuño, destacando o impulso ao patrimonio local e o recoñecemento da Festa do Esquecemento como evento de interese turístico. O Pleno deu luz verde á Fase 2 do proxecto de posta en valor do Mosteiro do Bon Xesús de Trandeiras. Esta actuación, froito dun convenio coa Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS), conta cunha achega municipal de 138.000 euros. O plan desen…
26 de junio de 2026 2 min lectura
Xinzo de Limia presenta unha programación estelar para as festas de Santa Mariña 2026
Concello de Xinzo de Limia Xinzo de Limia presenta unha programación estelar para as festas de Santa Mariña 2026
O Concello de Xinzo de Limia xa ten lista a programación oficial para as festas de Santa Mariña, que terán lugar do 16 ao 20 de xullo de 2026, ofrecendo cinco días de música, tradición e lecer para toda a familia. A vila converterase no epicentro festivo da comarca cun cartel que busca atraer a veciños e visitantes, consolidando este evento como unha das citas clave do verán na provincia de Ourense. Programa día a día: Xoves 16: Arrancan as festas na explanada do Toural coa orquestra Origen e…
29 de junio de 2026 2 min lectura
Nace a Asociación Ourensá de Clubs de Baloncesto Base para impulsar este deporte na provincia
Diario do Limia Nace a Asociación Ourensá de Clubs de Baloncesto Base para impulsar este deporte na provincia
Un total de 12 clubs de baloncesto base da Delegación Zonal de Ourense constituíron este xoves, 2 de xullo, a nova Asociación Ourensá de Clubs de Baloncesto Base (AOCBB) co obxectivo de defender os seus intereses e fomentar a práctica deportiva. A fundación tivo lugar na Sala de Xuntas das Federacións, situada no barrio do Couto, en Ourense. Tras un proceso de debate e análise dos estatutos, os 12 clubs promotores asinaron a acta fundacional e os documentos que rexerán o funcionamento da nova e…
4 de julio de 2026 2 min lectura
PNFPB Install PWA using share icon

For IOS and IPAD browsers, Install PWA using add to home screen in ios safari browser or add to dock option in macos safari browser