Domingo, 8 de novembro Xinzo 11° Garda: FARMACIA OLIVERA CORTIÑAS, C. B.
Concello de Xinzo de Limia

O pleno do Concello de Xinzo de Limia fai unha declaración conxunta e unánime sobre o conflito entre Israel e Palestina

1 min de lectura

Fonte
Concello de Xinzo de Limia
Concello
Xinzo de Limia
Publicada
30 out. 2023
Ver a noticia orixinal

Xinzo de Limia, a 30 de outubro de 2023.  Durante o segundo pleno ordinario deste mandato aprobáronse por unanimidade tódolos puntos da orde do día, entre os que se incluía, entre outros, a actualización dun 3,5% das diferentes taxas municipais conforme ó IPC tal e como esixen  as leis vixentes.
Saíu adiante, tamén por unanimidade, a moción conxunta instada polo PSdeG-PSOE en favor de pavimentar os cemiterios vello e novo. Por parte de Amador Díaz, alcalde de Xinzo de Limia,  indícase que “estamos tratando de concretar unha partida nos orzamentos do ano 2024 para poder levar a cabo estas obras”.
Fóra da orde do día, os votos en contra  do grupo de goberno non permitiron  a tramitación das distintas mocións de urxencia presentadas pola oposición, entendendo que ten que prevalecer o procedemento ordinario e o debate nas comisións informativas, que fomenta o acordo e o consenso de tódolos partidos da corporación local, tal e como se demostra coa aprobación completa da orde do día, tanto neste pleno coma no anterior, case con total unanimidade.

Saber máis · Descubre A Limia Xinzo de Limia 9.699 habitantes · 20 parroquias Coñecer o concello →
PNFPB Install PWA using share icon

For IOS and IPAD browsers, Install PWA using add to home screen in ios safari browser or add to dock option in macos safari browser