← Volver Concello de Xinzo de Limia

Xinzo de Limia coordina axustes no Petardazo tras reunión co sector primario

Xinzo de Limia coordina axustes no Petardazo tras reunión co sector primario

Fotografía de arquivo. A Limia News.


Xinzo de Limia, 24 de xaneiro de 2026. O alcalde de Xinzo de Limia, Amador Díaz, e o tenente de alcalde, Antonio Fernández, mantiveron unha xuntanza de traballo con Javier Losada, representante da Asociación do Sector Primario de Galicia, para coordinar a situación tras os axustes na programación do Petardazo.

Na reunión, confirmouse que ningunha das partes tivo a intención de alterar a programación orixinal do evento. O sector agrario, que mantén as súas reivindicacións contra o acordo co Mercosur, aclarou que a súa vontade nunca foi interferir no desenvolvemento do Petardazo. O Concello, pola súa banda, recalcou que respecta as mobilizacións do sector e que en ningún momento actuou en contra das súas demandas.

As alteracións na programación responderon unicamente a motivos estritos de seguridade e ao cumprimento do Plan de Autoprotección. Un requisito técnico e legal que, ante a imposibilidade de despregar o dispositivo da AXEGA pola meteoroloxía (a alerta nas estradas impedía o desprazamento do camión de Posto de Mando Avanzado), obrigaba á suspensión dos actos masivos independentemente de calquera outra circunstancia.

Como froito deste diálogo, os agricultores e gandeiros teñen previsto retirar a súa maquinaria a media tarde de hoxe, deixando unicamente un tractor de xeito simbólico no centro da praza como testemuño da súa protesta polo acordo co Mercosur. Deste xeito, garántese a mobilidade e o cumprimento das medidas de seguridade para o resto das actividades do Entroido.

Fonte: xinzodelimia.gal

Ver noticia completa
concello xinzo
Tamén che pode interesar
Xinzo de Limia prepárase para a XXVI Festa do Esquecemento
Concello de Xinzo de Limia Xinzo de Limia prepárase para a XXVI Festa do Esquecemento
A vila de Xinzo de Limia acollerá a Festa do Esquecemento os vindeiros días 21, 22 e 23 de agosto. O campamento galaico-romano xa se está a montar para recibir aos milleiros de visitantes que se esperan durante a fin de semana. Esta edición da festa, organizada pola asociación Civitas Limicorum e o Concello, ofrece unha programación pensada para todos os públicos: Máis de 50 actividades gratuítas. 54 grupos participantes. 13 tropas estranxeiras. 12 grupos musicais. O Concello xa traballa n…
17 de agosto de 2026 1 min lectura
Xinzo facilitará a creación do centro de LIMISI en Morgade e fixa os festivos de 2027
Concello de Xinzo de Limia Xinzo facilitará a creación do centro de LIMISI en Morgade e fixa os festivos de 2027
O Concello de Xinzo de Limia aprobou bonificar os impostos para as obras do novo centro ocupacional de LIMISI en Morgade. Ademais, o pleno acordou os festivos locais para o ano que vén e anunciou que rematará de pagar a súa débeda catro anos antes do previsto. A medida principal da sesión plenaria desta semana busca axilizar a construción do Centro Ocupacional de LIMISI. Ao eliminar taxas municipais para a obra, o goberno local agarda que os traballos comecen canto antes. Estes foron outros as…
27 de agosto de 2026 2 min lectura
O Conservatorio de Xinzo abre o prazo de matrícula para o curso 2026-2027
Diario do Limia O Conservatorio de Xinzo abre o prazo de matrícula para o curso 2026-2027
O Conservatorio Profesional de Música de Xinzo de Limia xa permite inscribirse nas súas ensinanzas para o vindeiro curso. Hai prazos distintos segundo a idade e o nivel de estudos que se queira cursar. Cursos para os máis pequenos (sen proba de acceso): 6 anos (Música e Movemento) e 7 anos (Iniciación Musical): O prazo de matrícula remata o 22 de setembro de 2026 ou ata que se esgoten as prazas. Probas de acceso para ensinanzas oficiais: 1º de Grao Elemental: Inscrición ata o 8 de setembro; …
3 de septiembre de 2026 1 min lectura
PNFPB Install PWA using share icon

For IOS and IPAD browsers, Install PWA using add to home screen in ios safari browser or add to dock option in macos safari browser