← Volver Concello de Xinzo de Limia

O Concello de Xinzo destina novos recursos para consolidar Trandeiras como referente patrimonial

O Concello de Xinzo destina novos recursos para consolidar Trandeiras como referente patrimonial

Fotografía de arquivo. A Limia News.

Xinzo de Limia, a 05 de decembro de 2024. O Pleno ordinario do Concello de Xinzo de Limia abordou unha orde do día con temas de gran relevancia para o municipio. Debateuse e aprobouse a prórroga do contrato de servizos de Axuda a Domicilio, cos votos a favor de tódolos grupos. Este contrato, o de maior importe na historia do Concello, supuxo preto de 900.000 euros en dous anos, garantindo unha maior estabilidade no servizo.
No cuarto punto, aprobouse unha nova obra de gran impacto para o Mosteiro de Trandeiras, cun orzamento de 920.000 euros, dos cales o Concello achegará só o 15% grazas a unha negociación eficaz coa Confederación, o que mellora as condicións dos convenios previos. Este proxecto dá continuidade aos traballos realizados durante o verán, cando se adquiriu a propiedade de 15.000 m² onde se atopan as captacións de auga, reforzando o compromiso co patrimonio local e demostrando a capacidade de planificación do grupo de goberno. Outro dos temas foi a aprobación por unanimidade unha moción conxunta que insta á Xunta de Galicia a crear un Centro de Atención a Persoas con Discapacidade (CAPD) en Ourense, propoñendo que este sexa de xestión pública. 
No eido da mobilidade, aprobouse a proposta do grupo socialista para a creación dunha ordenanza municipal que regule os Vehículos de Mobilidade Persoal (VMP). O concelleiro de Mobilidade indicou que “estamos traballando na materia, máis esta normativa deberá adaptarse á nova Lei de Seguridade Vial, que se atopa aínda en tramitación a nivel estatal”. Tamén foi aprobada a renovación do contrato de subministración eléctrica a través da Central de Contratación da FEMP, garantindo que o Concello siga beneficiándose das condicións vantaxosas que ofrece esta colaboración.
Por último, abordouse a demolición da presa de Gudín, actualmente en execución, co derrube da mesma e a construción dunha balsa para a carga de auga en caso de incendios. O reaxuste económico aprobado busca minimizar a carga financeira inmediata para o Concello.
Este pleno puxo de manifesto o compromiso unánime dos grupos políticos en temas clave para o desenvolvemento do municipio e o benestar da súa veciñanza, resumido en palabras do alcalde Amador Díaz “traballar, traballar e traballar”.

Fonte: xinzodelimia.gal

Ver noticia completa
concello Plenos xinzo
Tamén che pode interesar
Xinzo facilitará a creación do centro de LIMISI en Morgade e fixa os festivos de 2027
Concello de Xinzo de Limia Xinzo facilitará a creación do centro de LIMISI en Morgade e fixa os festivos de 2027
O Concello de Xinzo de Limia aprobou bonificar os impostos para as obras do novo centro ocupacional de LIMISI en Morgade. Ademais, o pleno acordou os festivos locais para o ano que vén e anunciou que rematará de pagar a súa débeda catro anos antes do previsto. A medida principal da sesión plenaria desta semana busca axilizar a construción do Centro Ocupacional de LIMISI. Ao eliminar taxas municipais para a obra, o goberno local agarda que os traballos comecen canto antes. Estes foron outros as…
27 de agosto de 2026 2 min lectura
Así vivimos «A incrible historia da maxia» co Mago Teto
Concello de Vilar de Santos Así vivimos «A incrible historia da maxia» co Mago Teto
O pasado sábado, Vilar de Santos desfrutou da actuación do Mago Teto co seu espectáculo «A incrible historia da maxia». Pequenos e maiores puideron achegarse ao mundo do ilusionismo a través dunha proposta chea de maxia, curiosidades e sorpresas. 📸 Compartimos unha selección de imaxes desta xornada. Grazas a todas as persoas que nos acompañaron!
11 de septiembre de 2026 1 min lectura
Un condutor ferido ao chocar contra unha rotonda en Xinzo de Limia
Diario do Limia Un condutor ferido ao chocar contra unha rotonda en Xinzo de Limia
Un home de 39 anos resultou ferido este mércores tras perder o control do seu coche e subir por riba dunha rotonda na entrada de Xinzo de Limia, na ligazón coa autovía A-52. O condutor, que viaxaba só nun Saab 9-3, non viu a rotonda a tempo a pesar de intentar frear durante uns 30 metros. O impacto activou todos os airbags do vehículo. Estas son as consecuencias e medidas tomadas: Estado de saúde: O home sufriu unha conmoción e foi trasladado polo 061 a Ourense, sen fracturas apparentes de gr…
6 de septiembre de 2026 1 min lectura
PNFPB Install PWA using share icon

For IOS and IPAD browsers, Install PWA using add to home screen in ios safari browser or add to dock option in macos safari browser