Domingo, 8 de novembro Xinzo 11° Garda: FARMACIA OLIVERA CORTIÑAS, C. B.
Concello de Sandiás

Sandiás organiza a I Xornada Informativa sobre xestión da biodiversidade vexetal

1 min de lectura

Fonte
Concello de Sandiás
Concello
Sandiás
Publicada
8 maio
Ver a noticia orixinal

O Concello de Sandiás celebrará o vindeiro venres 8 de maio, ás 20.30 horas, no Salón de Actos da Casa da Cultura, a primeira xornada informativa sobre xestión da biodiversidade vexetal. Esta iniciativa forma parte do programa “Aldeas Seguras”.

O obxectivo principal do encontro é mellorar a prevención de incendios e a protección da contorna natural e as persoas, centrándose especificamente na limpeza e xestión das faixas de protección arredor das vivendas.

Durante a sesión trataránse os seguintes puntos:

  • Obrigas de limpeza e prazos establecidos pola normativa.
  • Responsabilidades tanto da veciñanza como do Concello.
  • Medidas preventivas e actuacións ante posibles incumprimentos.
  • Cuestións de seguridade, salubridade pública e organización dos traballos en zonas de maior perigosidade.

A xornada contará coa intervención de:

  • Felipe Traveso, alcalde do Concello de Sandiás.
  • Fernando Gándara, presidente de Protección Civil de Sandiás.
  • Tomás Báez, bombeiro forestal.
  • José Manuel Gómez “Cazolas”, presidente da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Piñeira de Arcos.

O evento finalizará cunha quenda de rogos e preguntas para resolver as dúbidas da veciñanza.

Saber máis · Descubre A Limia Sandiás 1.086 habitantes · 3 parroquias Coñecer o concello →
PNFPB Install PWA using share icon

For IOS and IPAD browsers, Install PWA using add to home screen in ios safari browser or add to dock option in macos safari browser