Domingo, 8 de novembro Xinzo 11° Garda: FARMACIA OLIVERA CORTIÑAS, C. B.
Concello de Sandiás

Do “monte limpo” a xestión da biodiversidade vexetal: veciñanza e expertos únense en Sandiás para avanzar na proteccón das aldeas fronte ao lume

3 min de lectura

Fonte
Concello de Sandiás
Concello
Sandiás
Publicada
11 maio
Ver a noticia orixinal

O Salón de Actos da Casa da Cultura de Sandiás acolleu este venres a I Xornada Informativa sobre xestión da biodiversidade vexetal e prevención de incendios, unha iniciativa promovida por Protección Civil de Sandiás dentro do programa local “Aldeas Seguras.” O título “xestión da biodiversidade” tiña como finalidade que o veciño non vexa o monte como “combustible”, como unha ameaza; máis ven compre velo como “biodiversidade”, percibilo como un patrimonio vivo a protexer dado que un espazo sen biomasa morta perde a súa fertilidade a longo prazo. A limpeza non ten porque ser total xa  que isto supón a eliminación e destrución do fogar de multitude de insectos e microorganismos así como a perda de nutrientes (ramas, follas, pequeniños restos). O encontro, de case dúas horas de duración, naceu co obxectivo de concienciar á veciñanza sobre a importancia da prevención dos incendios forestais, da correcta xestión da biodiversidade vexetal e do cumprimento da normativa vixente nas faixas de protección arredor das vivendas e núcleos de poboación.A xornada foi presentada por Fernando Gándara, presidente de Protección Civil de Sandiás, entidade organizadora da actividade, quen destacou a necesidade de “informar de maneira clara e práctica á cidadanía para avanzar entre todos cara a aldeas máis seguras.O primeiro relatorio correu a cargo do bombeiro forestal Tomás Báez, que explicou diferentes aspectos relacionados cos incendios forestais e coa prevención, abordando cuestións como a tipoloxía das faixas de protección —primarias, secundarias e terciarias—, as áreas cortalumes naturais e artificiais, os incendios de interface, os usos do lume ou os coñecidos incendios de sexta xeración. Tamén fixo referencia ao Plan Pladiga e ás parroquias con maior potencial de actividade incendiaria (parroquias priorizadas).Pola súa banda, o alcalde de Sandiás, Felipe Traveso, incidiu na importancia da colaboración cidadá para afrontar o problema dos incendios forestais. O rexedor destacou que “a prevención é unha responsabilidade compartida” e lembrou que o Concello aposta prioritariamente por un labor didáctico e de concienciación antes de recorrer ás sancións. Traveso tamén sinalou as dificultades existentes para localizar propietarios de determinadas parcelas abandonadas e puxo en valor o esforzo municipal para manter limpas as pistas e espazos públicos.A última intervención foi a de José Manuel Gómez “Cazolas”, presidente da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Piñeira de Arcos, quen centrou a súa exposición na importancia da cultura da prevención e da correcta xestión da biodiversidade vexetal nos montes comunais. Gómez repasou exemplos prácticos realizados na parroquia de Piñeira de Arcos, onde se desenvolveron actuacións de forestación, rozas preventivas e tratamentos silvícolas cun investimento próximo aos 114.000 euros.A xornada rematou cunha quenda aberta de preguntas e intervencións do público, nas que se abordaron cuestións relacionadas coa identificación das parcelas, a coordinación entre catastro e administración local, a necesidade de fomentar e favorecer o traballo comunitario e a preocupación pola existencia de zonas abandonadas con elevado risco potencial de incendio, algunhas en núcleos urbanos, a posibilidade e necesidade de acudir ao concello con normalidade para informarse, plantexar calquer tipo de demanda, dúbida ou consulta, etc…A organización valorou moi positivamente a participación e o interese mostrado polos participantes na primeira xornada informativa sobre a xestión da biodiversidade de vexetación no Programa Aldeas Seguras, destacando a importancia de seguir promovendo este tipo de encontros para reforzar a prevención e a seguridade nas aldeas do municipio. A Agrupación de Protección Civil de Sandías agradeceu a asistencia e implicación dos participantes, así como o compromiso dos membros da mesa e do equipo, subliñando que a xornada supón un primeiro paso importante para mellorar a capacidade de resposta.

Saber máis · Descubre A Limia Sandiás 1.086 habitantes · 3 parroquias Coñecer o concello →
PNFPB Install PWA using share icon

For IOS and IPAD browsers, Install PWA using add to home screen in ios safari browser or add to dock option in macos safari browser