Luns, 16 de novembro Xinzo 16° Garda: MARIA SOLEDAD RODRIGUEZ GARRIDO
CDR O Viso

Festexamos o Día Internacional da Biodiversidade (22 de maio)

2 min de lectura

Fonte
CDR O Viso
Publicada
22 maio
Ver a noticia orixinal

Porque seguimos dependendo da natureza para cousas esenciais (como a auga, a comida, os medicamentos, a roupa, a enerxía e moito máis) é vital que respectemos, protexamos e restauremos a biodiversidade.
Enténdese por biodiversidade a ampla variedade de plantas, animais e microorganismos existentes, pero tamén inclúe as diferenzas xenéticas dentro de cada especie -por exemplo, entre as variedades de cultivos e as razas de gando-, así como a variedade de ecosistemas (lagos, bosques, desertos, campos agrarios…) que albergan múltiples interaccións entre os seus membros (humanos, plantas, animais) e a súa contorna (auga, aire, chan…).
Un ecosistema é unha área xeográfica na que coexiste unha gran variedade de plantas, animais e outros organismos; pode ser tan grande como un deserto ou tan pequeno como un estanque; e pode conter seres vivos e non vivos, como rocas, area e humidade.
Cada peza dun ecosistema depende das demais, como nun crebacabezas. Toda a superficie da Terra é unha serie de ecosistemas conectados. Eliminar só unha especie como resultado do cambio climático, a contaminación, a perda de hábitat ou outros factores naturais ou provocados polas persoas pode producir un efecto dominó que ten gran impacto en todo o ecosistema.
Como humanos, temos a responsabilidade de coexistir harmoniosamente coas demais especies nos ecosistemas que compartimos para garantir que o noso planeta sexa saudable. Sen esquecer que ecoloxía e economía comparten o lexema grego oikos (contorna ou morada); unha estúdao (logos), a outra adminístrao (nomos). Antagonizalas é unha torpeza.

 

 

 

 

PNFPB Install PWA using share icon

For IOS and IPAD browsers, Install PWA using add to home screen in ios safari browser or add to dock option in macos safari browser