Sábado, 28 de novembro Xinzo 11° Garda: ANTONIO GOMEZ PENIN
Antela FC

O Antela e o Antela B empezan decembro en posicións de ascenso directo

2 min de lectura

Fonte
Antela FC
Publicada
1 dec. 2024
Ver a noticia orixinal

O mellor momento do Antela é hoxe. O club arranca o último mes do ano co primeiro equipo líder (única praza de ascenso directo a Preferente) e co filial colocado na segunda praza (de ascenso directo a Primeira Futgal).
O Antela de Bruno Gómez tivo que remontar na Moreira diante dun sorprendente Viana que á hora de partido mandaba 2-3. Conseguiuno en dez minutos con goles de Joni, o revulsivo, e Jorginho, o nove que tivo dúas ocasións moi claras (a primeira sacouna o porteiro, a segunda, un defensa) e non perdonou á terceira. Antes, Óliver deu un recital de técnica no xogo aberto: anotando un gol coa zurda e outro coa dereita (este en libre directo).
Foi unha xornada na que gañaron todos os de cabeza e só caeu o Muíños (1-0, no minuto no infernal campo do Córgomo). O Celanova segue segundo, a tres puntos do Antela, e o Velle, a 9, xa é cuarto á caza do Muíños, terceiro con 25 e próximo rival dos de Bruno Gómez. No Antela, Peque estrouse como capitán, e Raúl e Felipe (en Liga) foron por primeira vez titulares.
Pola súa banda, o filial, cun tanto de Manu no minuto 72 gañou en Albán ao líder, o Coles, e colocouse segundo tras o tropezo do Francelos, que perdeu 2-1 en Taboadela. Os de Marcos Ruido están a dous puntos do líder, e toman dous de vantaxe sobre o Francelos e tres sobre o Raio21, que ocupan as prazas de promoción de ascenso. O Antela B, tras cinco vitorias consecutivas, recibirá a próxima semana ao Toén, que tamén vén en boa racha: só perdeu un dos últimos sete partidos.

PNFPB Install PWA using share icon

For IOS and IPAD browsers, Install PWA using add to home screen in ios safari browser or add to dock option in macos safari browser