← Volver Concello de Xinzo de Limia

O Concello de Xinzo destina novos recursos para consolidar Trandeiras como referente patrimonial

O Concello de Xinzo destina novos recursos para consolidar Trandeiras como referente patrimonial

Fotografía de arquivo. A Limia News.

Xinzo de Limia, a 05 de decembro de 2024. O Pleno ordinario do Concello de Xinzo de Limia abordou unha orde do día con temas de gran relevancia para o municipio. Debateuse e aprobouse a prórroga do contrato de servizos de Axuda a Domicilio, cos votos a favor de tódolos grupos. Este contrato, o de maior importe na historia do Concello, supuxo preto de 900.000 euros en dous anos, garantindo unha maior estabilidade no servizo.
No cuarto punto, aprobouse unha nova obra de gran impacto para o Mosteiro de Trandeiras, cun orzamento de 920.000 euros, dos cales o Concello achegará só o 15% grazas a unha negociación eficaz coa Confederación, o que mellora as condicións dos convenios previos. Este proxecto dá continuidade aos traballos realizados durante o verán, cando se adquiriu a propiedade de 15.000 m² onde se atopan as captacións de auga, reforzando o compromiso co patrimonio local e demostrando a capacidade de planificación do grupo de goberno. Outro dos temas foi a aprobación por unanimidade unha moción conxunta que insta á Xunta de Galicia a crear un Centro de Atención a Persoas con Discapacidade (CAPD) en Ourense, propoñendo que este sexa de xestión pública. 
No eido da mobilidade, aprobouse a proposta do grupo socialista para a creación dunha ordenanza municipal que regule os Vehículos de Mobilidade Persoal (VMP). O concelleiro de Mobilidade indicou que “estamos traballando na materia, máis esta normativa deberá adaptarse á nova Lei de Seguridade Vial, que se atopa aínda en tramitación a nivel estatal”. Tamén foi aprobada a renovación do contrato de subministración eléctrica a través da Central de Contratación da FEMP, garantindo que o Concello siga beneficiándose das condicións vantaxosas que ofrece esta colaboración.
Por último, abordouse a demolición da presa de Gudín, actualmente en execución, co derrube da mesma e a construción dunha balsa para a carga de auga en caso de incendios. O reaxuste económico aprobado busca minimizar a carga financeira inmediata para o Concello.
Este pleno puxo de manifesto o compromiso unánime dos grupos políticos en temas clave para o desenvolvemento do municipio e o benestar da súa veciñanza, resumido en palabras do alcalde Amador Díaz “traballar, traballar e traballar”.

Fonte: xinzodelimia.gal

Ver noticia completa
concello Plenos xinzo
Tamén che pode interesar
Xinzo de Limia presenta unha programación estelar para as festas de Santa Mariña 2026
Concello de Xinzo de Limia Xinzo de Limia presenta unha programación estelar para as festas de Santa Mariña 2026
O Concello de Xinzo de Limia xa ten lista a programación oficial para as festas de Santa Mariña, que terán lugar do 16 ao 20 de xullo de 2026, ofrecendo cinco días de música, tradición e lecer para toda a familia. A vila converterase no epicentro festivo da comarca cun cartel que busca atraer a veciños e visitantes, consolidando este evento como unha das citas clave do verán na provincia de Ourense. Programa día a día: Xoves 16: Arrancan as festas na explanada do Toural coa orquestra Origen e…
29 de junio de 2026 2 min lectura
A Furgoteca chega a Sandiás o 8 de xullo con actividades sobre a época romana
Concello de Sandiás A Furgoteca chega a Sandiás o 8 de xullo con actividades sobre a época romana
A biblioteca móbil Furgoteca percorrerá este 8 de xullo varios lugares de Sandiás para ofrecer servizos de lectura e actividades temáticas relacionadas coa romanización da Limia. Ademais do préstamo de libros, cómics, películas, videoxogos e tablets, a visita inclúe propostas culturais paralelas: 10:30 h: Obradoiro Pegadas romanas no PAI de Sandiás. 10:30 h: Charla O mapa romano sobre a Vía Nova na Limia para o campamento de verán. Os veciños poderán solicitar o seu carnet de usuario e reali…
7 de julio de 2026 1 min lectura
PNFPB Install PWA using share icon

For IOS and IPAD browsers, Install PWA using add to home screen in ios safari browser or add to dock option in macos safari browser