
FOTOGALERÍA II | O lume foi o protagonista da noite dos Límicos
- Fonte
- Diario do Limia
- Concello
- Xinzo de Limia
- Publicada
- 4 nov. 2024
A representación teatral da A.C. Civitas Limicorum no Samhain dos Límicos transportou ao público ás historias e vivencias dos nosos ancestros. A actuación, chea de simbolismo e emoción, conectou o pasado co presente, cativando a tódalas idades.
O evento continuou cunha deliciosa combinación de caldo castrexo, queimada e un impresionante espectáculo de lume a cargo de Rita, “a muller de lume”, que pechou a noite con maxia e tradición, deixando unha experiencia inesquecible.
Saber máis · Descubre A Limia
Xinzo de Limia
9.699 habitantes · 20 parroquias
Coñecer o concello →


