Xoves, 12 de novembro Xinzo 13° Garda: FARMACIA OLIVERA CORTIÑAS, C. B.
Concello de Vilar de Barrio

SOMOS REFERENTES IV: VOLUNTARIADO INTERXERACIONAL MEDIOAMBENTAL E DE RECUPERACION DE MICROTOPÓNIMOS

1 min de lectura

Fonte
Concello de Vilar de Barrio
Concello
Vilar de Barrio
Publicada
28 out. 2024
Ver a noticia orixinal

28 octubre 2024

Outro ano máis, durante os meses de setembro e outubro levouse a cabo a actividade de voluntariado “SOMOS REFERENTES IV: VOLUNTARIADO INTERXERACIONAL MEDIOAMBENTAL E DE RECUPERACION DE MICROTOPÓNIMOS”. Este ano o proxecto centrouse na limpeza da contorna e a recuperación de microtopónimos a través do programa “Galicia Nomeada” que promove a Xunta de Galicia.

Por unha banda, as persoas voluntarias encargarónse de limpar tanto nos núcleos das aldeas, coma nas estradas e caminos do noso Concello.
Por outro lado, a recuperación de topónimos do noso Concello, en colaboración coa Real Academa Galega (RAG), onde tamén preparamos unha xornada cos mais novos do noso Concello.

Este programa está financiado pola Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a través da Dirección Xeral de Xuventude dentro das Subvencións para entidades de acción voluntaria e entidades locais de Galicia para a elaboración e execución de proxectos de voluntariado interxeracional no medio rural vinculados co proxecto piloto Talento Interxeracional, no marco do PRTR – Financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU para o ano 2024. Cod. Prod BS508E.
Xornada explicativa programa Galicia Nomeada

Saber máis · Descubre A Limia Vilar de Barrio 1.178 habitantes · 9 parroquias Coñecer o concello →
PNFPB Install PWA using share icon

For IOS and IPAD browsers, Install PWA using add to home screen in ios safari browser or add to dock option in macos safari browser