← Volver La Voz de Galicia

O Premio Pedra Alta 2024 é para o historiador Edelmiro Martínez Cerredelo

O Premio Pedra Alta 2024 é para o historiador Edelmiro Martínez Cerredelo

Fotografía de arquivo. A Limia News.

O historiador limiao, Edelmiro Martínez Cerredelo (Miro)

O Museo da Limia recoñece a longa traxectoria do investigador limiao
21 oct 2024 . Actualizado a las 05:00 h.

O Museo da Limia, ubicado en Vilar de Santos, acollerá o día 9 de novembro o acto de entrega do Premio Pedra Alta, que o seu padroado otorga a persoas ou entidades cuxa obra ou labor é capaz de proxectar unha pegada merecente de recoñecemento nas terras do Limia ou, sendo nacido nelas, proxecta fóra o nome desta comarca ourensán. Quen recibirá nesta edición ese recoñecemento é o historiador Edelmiro Martínez Cerredelo (Xinzo de Limia, 1946). 

Na persoa de Miro, que é como se lle coñece entre os máis achegados, o Museo da Limia quere «renderlle unha homenaxe aos eruditos locais, que mercé ao seu esforzo e teimosía tanto levan contribuído ao coñecemento da historia que nos nos é máis próxima», matiza a resolución do padroado. Edelmiro Martínez Cerredelo ten xa o título de Fillo Predilecto de Xinzo de Limia dende o 2022, e o xurado destaca os numerosos méritos acumulados para obter tamén este Predra Alta. Lembra que dende que no ano 2006 obtivo o título de Graduado Universitario Sénior pola Universidade de Vigo acometeuo un «intenso e fecundo traballo de investigación e difusión centrado na memoria máis próxima das terras da Limia, un campo case ermo antes del».O seu primeiro libro foi A prensa en Xinzo de Limia. Século XX (1911-1925). Dous anos máis tarde, ve a luz a Historia e memoria. A Limia:1931-1953.
O labor pescudador e divulgador levouno a indagar en períodos máis afastadosda historia, como queda patente en Julián Toubes (1796-1870. O correxedor que quixo desecar a lagoa (2009). Historia de Xinzo de Limia; ou Xinzo de Limia na memoria, do 2012 e o 2016, respectivamente, foron outros dos seus traballos. Destaca tamén o xurado tres das súas obras que abordan a traxectoria de manifestacións lúdico-culturais do territorio: Antela Fútbol Club. Centenario 1919-2019; O Entroido en Xinzo de Limia. Tradición. Respecto. Sentimento; e Historia Musical de Xinzo de Limia, traballo publicado no 2021. Tamén fan fincapé na súa colaboración con revistas e periódicos. «Edelmiro Martínez Cerredelo ilumina cos seus traballos e co seu saber distintas épocas da historia da chaira limiá que dormían no silencio e no esquecemento, espléndido agasallo para a veciñanza que se pode reconciliar agora co seu pasado e fai memoria de persoas e acontecementos que propiciaron A Limia de hoxe», destaca o fallo do xurado.

O galardón, unha réplica en granito da Pedra Alta feita polo escultor Xosé Lois Carreira, e o diploma que acompaña ao recoñecemento, terá lugar o 9 de novembro nun acto que contará co acompañamento musical do pianista Luis Humberto Cao e do tenor Baldomero Pavón, e concluirá con un cocido limiao.

Archivado en: Ourense ciudad Xinzo de Limia Historia Vilar de Santos Carnaval

Fonte: lavozdegalicia.es

Ver noticia completa
Campus de Ourense Carnaval Entroido Historia La Voz de Galicia Ourense ciudad prensa vilar de santos Xinzo de Limia
Tamén che pode interesar
Fracasa o intento de acordo polo asalto violento a un construtor de Lobios
La Voz de Galicia Fracasa o intento de acordo polo asalto violento a un construtor de Lobios
A Fiscalía pide máis de 70 anos de cárcere para os acusados do asalto a un empresario en Lobios, tras fracasar un novo intento de pacto entre as partes. O xuízo segue adiante despois de que os sospeitosos non lograsen chegar a un acordo para evitar a vista oral. Estes son os puntos clave da situación actual: Petición de pena: O ministerio fiscal solicita en total máis de 70 anos de prisión para os implicados. Indemnización: Cada un dos acusados deberá pagar ao construtor afectado a cantidade …
6 de octubre de 2026 1 min lectura
Unha nova web reúne toda a axenda e os atractivos de 25 concellos da Limia e Arnoia
La Voz de Galicia Unha nova web reúne toda a axenda e os atractivos de 25 concellos da Limia e Arnoia
O GDR 10 Limia-Arnoia lanzou a páxina 25motivos.gal, unha plataforma dixital que centraliza toda a información turística e cultural de 25 municipios da comarca nun só lugar. A web está deseñada para que calquera persoa poida consultar de xeito sinxelo os plans e recursos deste territorio. As principais funcionalidades son: Axenda de eventos: Un calendario actualizado con festas, concertos, rutas e actividades, como o Entroido de Xinzo ou a Romería da Saínza. Guía de recursos: Información sobr…
27 de septiembre de 2026 1 min lectura
O acordeonista internacional Serhii Sapun actúa e dará clases en Xinzo de Limia
La Voz de Galicia O acordeonista internacional Serhii Sapun actúa e dará clases en Xinzo de Limia
O Conservatorio de Xinzo de Limia recibe este xoves 22 de outubro ao recoñecido acordeonista Serhii Sapun, gañador do 75º Trofeo Mundial de Acordeón. O músico ofrecerá un concerto gratuíto e aberto ao público no Auditorio da Casa da Cultura de Xinzo: Data: Xoves, 22 de outubro. Hora: 20:00 horas. Ademais do recital, Sapun impartirá clases maxistrais para estudantes e músicos interesados os días 22 e 23 de outubro. As persoas que queiran asistir a estas sesións formativas deben inscribirse pr…
19 de octubre de 2026 1 min lectura
PNFPB Install PWA using share icon

For IOS and IPAD browsers, Install PWA using add to home screen in ios safari browser or add to dock option in macos safari browser