← Volver Concello de Xinzo de Limia

A primeira edición de EXPOFAMILIA supera todas as expectativas e deixa pegada en Xinzo

A primeira edición de EXPOFAMILIA supera todas as expectativas e deixa pegada en Xinzo

Fotografía de arquivo. A Limia News.

Xinzo de Limia, a 10 de setembro de 2024.  EXPOFAMILIA 2024 conclúe con gran éxito tras unha fin de semana dedicada á saúde e benestar familiar en Xinzo de Limia, os días 7 e 8 de setembro. O evento, organizado por Fusión Fitness, La Tribu – Xinzo e o Concello de Xinzo de Limia, superou todas as expectativas, atraendo a público tanto da comarca como de cidades como Ourense, Vigo e A Coruña. A afluencia foi tan elevada que moitos dos obradoiros programados tiveron que ser duplicados para atender a demanda, o que reafirma o interese xeral polos contidos e actividades ofrecidas.
Nun ambiente cálido e familiar, as familias gozaron de talleres, actividades e charlas que abordaron desde a crianza respectuosa ata os hábitos saudables. A participación do pediatra Carlos González, recoñecido por ser un referente en temas de crianza, foi un dos momentos máis esperados da feira, enchendo a carpa coas súas ponencias sobre “Necesidades afectivas” e “Autoridade e límites”. A súa presenza foi un gran atractivo e congregou a familias de toda Galicia.
EXPOFAMILIA non só destacou pola súa programación, senón tamén polo seu impacto social. Grazas ás iniciativas promovidas durante o evento, logrouse a creación dunha nova familia de acollida e outras dúas están en proceso. Ademais, numerosas asociacións presentes no evento conseguiron un notable incremento de socios.
O éxito desta primeira edición deixa aberta a porta a un futuro prometedor, co desexo de que EXPOFAMILIA se consolide como un evento anual de referencia en Xinzo de Limia. 
 

Fonte: xinzodelimia.gal

Ver noticia completa
concello Servicios Sociais xinzo
Tamén che pode interesar
Acordo para a reforma das prazas de abastos en Carballiño e Xinzo de Limia
Diario do Limia Acordo para a reforma das prazas de abastos en Carballiño e Xinzo de Limia
O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, asinou un convenio de colaboración coa Deputación de Ourense e os concellos de Carballiño e Xinzo de Limia para a reforma e mellora das súas prazas de abastos. Este acordo, enmarcado no Plan de impulso da Rede de Mercados Excelentes, contará cunha inversión conxunta próxima aos 1,3 millóns de euros. Modelo de financiamento: As axudas para estas actuacións se repartirán da seguinte forma: 70% a cargo da Consellería da Xunta de G…
19 de mayo de 2026 2 min lectura
O PAI de Sandiás abre un espazo de xogo sensorial para bebés e familias
Concello de Sandiás O PAI de Sandiás abre un espazo de xogo sensorial para bebés e familias
O Punto de Atención á Infancia (PAI) do Concello de  Sandiás acolleu o pasado venres, 5 de xuño, ás 17.30 horas, unha sesión de Instalacións Pedagóxicas de Xogo, unha proposta educativa e sensorial dirixida a nenos e nenas de entre 6 meses e 2 anos acompañados das súas familias. A actividade estivo guiada por Getsemaní […] La entrada O PAI de Sandiás abre un espazo de xogo sensorial para bebés e familias se publicó primero en Concello de Sandiás.
11 de junio de 2026 1 min lectura
Nova edición de 'Recantos: O Casting' na Televisión de Galicia
Diario do Limia Nova edición de 'Recantos: O Casting' na Televisión de Galicia
A Televisión de Galicia prepara unha nova convocatoria de 'Recantos: O Casting' co obxectivo de atopar novos talentos musicais para o certame 'Recantos', integrado no programa Luar. A gran novidade desta edición é que, por primeira vez na historia da canle, as probas de selección serán televisadas. Detalles da convocatoria Proceso de selección: O equipo percorrerá oito teatros repartidos por toda Galicia para realizar as probas presenciais, que serán avaliadas por un xurado profesional. Requi…
16 de mayo de 2026 1 min lectura