← Volver Concello de Xinzo de Limia

O Concello de Xinzo de Limia insta ao Ministerio que axilice o proxecto de humanización da N525

O Concello de Xinzo de Limia insta ao Ministerio que axilice o proxecto de humanización da N525

Fotografía de arquivo. A Limia News.

Xinzo de Limia, a 06 de xuño de 2024.  Este xoves 06 de xuño tivo lugar unha sesión plenaria de carácter ordinario no Concello de Xinzo de Limia. Durante a mesma, aprobouse de xeito unánime instar ao Ministerio en Madrid que axilice os trámites relativos ao proxecto de humanización da N525 ao seu paso por Xinzo. 
A humanización da N525, que abrangue os tramos das avenidas de Madrid e Ourense, e cuxo proxecto foi publicado no BOE do 26 de abril de 2023, significará un antes e un despois para a vila de Xinzo. O alcalde Amador Díaz declarou que “sempre atendemos todos os requisitos coa máxima colaboración e celeridade, pero vemos que o calendario avanza, e seguimos en fase de revisión dun proxecto comprometido polo Ministerio hai máis dun ano”. 
Adicionalmente, o pleno abordou o expediente de demolición da Presa de Gudín, cun orzamento de 1.200.000 euros, dos cales o Concello aporta o 20%. As obras, que se estiman duren de tres a seis meses unha vez comecen, incluirán a construción dunha balsa para hidroavións e un posible paso aínda non definido que facilitará o tránsito entre os concellos de Xinzo e Baltar. Posteriormente, planease converter o espazo nun entorno agradable e dinamizador do rural.
O pleno tamén aprobou por unanimidade a adhesión ao Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, así como ao Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR) que nos permitirá acceder aos fondos europeos Next Generation, dos cales aínda non se recibiu ningunha subvención directa.
Outro punto importante foi a instalación do Punto de Actualización de Documentación (PAD), un servizo que facilitará o acceso á administración electrónica a través do reparto de claves, eliminando a primeira barreira de entrada no sistema. A pesar do voto en contra do BNG, a medida foi aprobada por considerarse esencial para romper coa fenda dixital.
Por último, foi aprobado o Plan de Medidas Antifraude do Concello, complementario ao PRTR e requisito indispensable para poder acceder aos fondos Next Generation.

Fonte: xinzodelimia.gal

Ver noticia completa
concello Plenos xinzo
Tamén che pode interesar
Xinzo facilitará a creación do centro de LIMISI en Morgade e fixa os festivos de 2027
Concello de Xinzo de Limia Xinzo facilitará a creación do centro de LIMISI en Morgade e fixa os festivos de 2027
O Concello de Xinzo de Limia aprobou bonificar os impostos para as obras do novo centro ocupacional de LIMISI en Morgade. Ademais, o pleno acordou os festivos locais para o ano que vén e anunciou que rematará de pagar a súa débeda catro anos antes do previsto. A medida principal da sesión plenaria desta semana busca axilizar a construción do Centro Ocupacional de LIMISI. Ao eliminar taxas municipais para a obra, o goberno local agarda que os traballos comecen canto antes. Estes foron outros as…
27 de agosto de 2026 2 min lectura
Sandiás e Vilar de Santos homenaxean a Otero Pedrayo con dúas xornadas na Limia
Concello de Sandiás Sandiás e Vilar de Santos homenaxean a Otero Pedrayo con dúas xornadas na Limia
O Museo da Limia e o Centro de Interpretación da Lagoa de Antela organizan dous actos os días 5 e 12 de setembro para lembrar a figura e a obra de Ramón Otero Pedrayo na comarca. As xornadas centraránse na relación do escritor ourensán coa Limia desde o punto de vista literario, xeográfico e etnográfico: Sábado, 5 de setembro (11:30 h): Museo Etnográfico da Limia (Vilar de Santos). Intervirán Paco López-Barxas, Patricia Arias Chachero e Xosé Carlos Sierra Rodríguez sobre a faceta literaria e c…
31 de agosto de 2026 1 min lectura
Remata a terceira quenda do Concilia Verán 2026 en Vilar de Santos
Concello de Vilar de Santos Remata a terceira quenda do Concilia Verán 2026 en Vilar de Santos
Os nenos e nenas que participaron na terceira quenda do Concilia Verán 2026 en Vilar de Santos remataron as súas actividades, que incluíron obradoiros, visitas culturais e excursións. Durante estas semanas, os rapaces participaron en diversas propostas educativas e de lecer: O mundo laboral: coñeceron de preto o traballo de panadeiros, científicos, monitores deportivos, bombeiros e a Garda Civil de Tráfico. Valores: traballaron a igualdade e o respecto mediante as temáticas das películas Zoot…
26 de agosto de 2026 1 min lectura
PNFPB Install PWA using share icon

For IOS and IPAD browsers, Install PWA using add to home screen in ios safari browser or add to dock option in macos safari browser