Venres, 13 de novembro Xinzo 10° Garda: MARIA SOLEDAD RODRIGUEZ GARRIDO
Dende A Limia

Presas avanza o impulso e apoio do sector agrogandeiro na Limia após o 18F cun goberno do BNG

4 min de lectura

Fonte
Dende A Limia
Concello
Xinzo de Limia
Publicada
6 feb. 2024
Ver a noticia orixinal

A cabeza de lista por Ourense, Noa Presas, chama a concentrar o voto no BNG para “rematar coa discriminación que sofren as comarcas ourensás” tras 15 anos de abandono por parte da Xunta do PP. Presas avanza un plan territorial específico para a comarca da Limia que garanta servizos públicos de calidade e impulse o desenvolvemento social e económico da Limia, apoiando e defendendo sectores produtivos e estratéxicos da comarca.

A cabez a de lista participa nun encontro coa veciñanza de Xinzo de Limia e pide a súa confianza nas eleccións do vindeiro 18F para “facer historia” e ter por vez primeira unha muller nacionalista como presidenta. “O BNG está preparado para gobernar. Temos un proxecto para levar a cabo a maior transformación social e económica de Galiza feita nas últimas décadas. Temos as persoas para levalo a cabo. Mais, sobre todo, temos á mellor candidata para liderar o cambio político que precisa este País” afirma Presas.
No acto tamén interviñeron o portavoz municipal do BNG, Camilo Vila, e o exvicepresidente da Xunta, Anxo Quintana. Así mesmo, tomaron a palabra as tamén candidatas do BNG, Xaira Pena e Sonia Vidal.
“A Limia precisa un goberno que defenda os intereses dos seus sectores estratéxicos como é o caso da pataca. Temos varios retos por diante mais estou segura de que Ana Pontón negociará coas mans libres un verdadeiro financiamento para o regadío da Limia” asegura a cabeza de lista do BNG. Así mesmo, comprométese a impulsar ás estruturas de produción de pataca de semente propia, así como o apoio á instalación de empresas transformadoras.

Apostar, engade, por un medio rural vivo e garantir o relevo xeracional nos nosos sectores produtivos, a través dun plan de incorporación da mocidade á actividade agraria. Mais, paralelamente Presas sinala a proposta para crear medidas de apoio ás actividades económicas non agrarias que se asenten nas zonas do rural como método para fixar e atraer poboación. “O Ticket rural establece unha axuda económica de entre 10.000 a 15.000 €/ano a proxectos que se asenten no medio rural, durante os 5 primeiros anos “ asevera Presas.

Blindar e garantir servizos públicos de calidade

Noa Presas lider ourensá, na súa intervención en Xinzo
O noso compromiso é que os nosos dereitos sanitarios estean garantidos con independencia do lugar onde vivimos e, por suposto, tamén o de pediatría” asegura Presas. Neste sentido, avanza un plan de choque urxente para solucionar as eivas existentes na Atención Primaria e “faremos unha política proactiva para que as e os profesionais veñan aquí a vivir e fagan o seu proxecto de vida e os nenos e nenas da Limia poidan ter unha pediatría de primeira”.

Sonia Vidal mostra o apoio da organización nacionalista ao sector agrogandeiro galego e erixe o BNG como “a única forza capaz de reverter o desmantelamento dos nosos sectores produtivos”
Por outra parte, a candidata número 3, Sonia Vidal, mostrou o apoio da organización nacionalista ao sector agrogandeiro e sinala a oportunidade histórica que representa o 18F para reverter esta situación. Neste sentido, erixe o BNG “a única forza capaz de reverter o desmantelamento dos nosos sectores produtivos”. Porque xa o fixemos no seu momento, na Consellería de Medio Rural con Suárez Canal á cabeza, impulsando medidas como o banco de terras e garantir prezos aos contratos homologados”.

Máis unha vez, engade Vidal, o BNG está preparado para reverter o desmantelamento “dos nosos sectores produtivos”. “Só hai unha posibilidade para que isto mude e non é outra que un goberno do BNG coas mans libres para defendes os intereses dos nosos sectores produtivos” engade.
Do mesmo xeito, lembra que o nacionalismo galego –ademais de apoiar sempre o sector agrogandeiro galego- desde a implantación da PAC analizaron que esa política “suporía o desmantelamento dos nosos sectores produtivos”.

Saber máis · Descubre A Limia Xinzo de Limia 9.699 habitantes · 20 parroquias Coñecer o concello →
PNFPB Install PWA using share icon

For IOS and IPAD browsers, Install PWA using add to home screen in ios safari browser or add to dock option in macos safari browser