Venres, 13 de novembro Xinzo 10° Garda: MARIA SOLEDAD RODRIGUEZ GARRIDO
Dende A Limia

Luis Menor afirma en Alimagro que a Deputación seguirá a ser “unha firme aliada do sector agrogandeiro da provincia”

2 min de lectura

Fonte
Dende A Limia
Concello
Xinzo de Limia
Publicada
1 set. 2023
Ver a noticia orixinal

O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, participou hoxe, en Xinzo de Limia, na inauguración da IV edición da Feira Alimagro, onde afirmou que a Deputación de Ourense seguirá a ser “unha firme aliada do sector agrogandeiro da provincia”. No acto tamén participaron o alcalde de Xinzo de Limia, Amador Díaz; o concelleiro de Medio Rural da Xunta de Galicia, José González; así como representantes institucionais públicos e privados.

O presidente da Deputación de Ourense destacou hoxe, na súa intervención, o compromiso do goberno provincial a prol dun dos sectores de referencia “para a nosa provincia e, sobre todo, para a comarca da Limia, eminentemente agrícola”. Puxo en valor o traballo que realiza a institución provincial de apoio e asesoramento aos agricultores ourensáns a través do Centro de Desenvolvemento Agrogandeiro, situado en Xinzo de Limia, no que tamén se realiza un labor importante e destacable no eido da investigación.

Esta feira, organizada polo Concello de Xinzo de Limia e que conta coa colaboración da Deputación de Ourense, estará ata o domingo amosando as novidades sobre o cultivo da pataca e da maquinaria agrícola. Neste sentido, o presidente do goberno provincial asegurou que esta edición volverá a reforzar, grazas á colaboración público e privada, o papel de Xinzo e desta comarca “como o territorio de referencia do sector primario en Galicia”.
A feira, que ten vocación de converterse nun referente nacional, divídese en dous espazos: no pavillón de deportes estará a sede da feira da pataca, e no parque do Toural en Xinzo estarán expostas as novidades da maquinaria. Será precisamente no pavillón, onde a Deputación de Ourense participará estes tres días en Alimagro, a través do stand que ten o Inorde no propio pavillón de deportes municipal, para achegar o traballo que realiza o Centro de Desenvolvemento Agrogandeiro, a todos os que visiten esta feira.

Luis Menor , Amador Díaz e José Gonzalez na visita a un stand de maquinaria

O obxectivo desta feira, ademais de servir de escaparate para todo o sector da pataca de España e Portugal, é reforzar o vínculo entre produtores de semente, cultivadores e operadores de toda a Península. Por elo, o presidente da Deputación de Ourense felicitou á organización da feira por ter “esa visión internacional” da mesma.

Saber máis · Descubre A Limia Xinzo de Limia 9.699 habitantes · 20 parroquias Coñecer o concello →
PNFPB Install PWA using share icon

For IOS and IPAD browsers, Install PWA using add to home screen in ios safari browser or add to dock option in macos safari browser