← Volver Dende A Limia

O PPdeG pon en valor as axudas da Xunta de máis de 3,6 M€ para compensar o sobrecusto do gasóleo e dos fertilizantes no sector agrogandeiro

O PPdeG pon en valor as axudas da Xunta de máis de 3,6 M€ para compensar o sobrecusto do gasóleo e dos fertilizantes no sector agrogandeiro

Fotografía de arquivo. A Limia News.

O PPdeG reivindicou “o compromiso firme e con feitos” do Goberno galego co sector agrogandeiro fronte ao incremento dos custos de produción, principalmente, no referido ao gasóleo agrícola e aos fertilizantes.Durante unha visita recente ao Centro de Desenvolvemento Agrogandeiro do Inorde, en Xinzo de Limia, os deputados do Grupo Parlamentario Popular Cristina Campero e Miguel Viso puideron coñecer de primeira man o traballo que desde estas instalacións se fai a prol do sector. E aproveitaron para enxalzar a nova orde de axudas, de máis de 3,6 M€ –dos cales 1,6 M€ proceden dunha achega procedente da Comisión Europea e 2 M€ son adicionais da Xunta-, que o Goberno galego lanzará para paliar o encarecemento do gasóleo agrícola e dos fertilizantes, e que ten como obxectivo apoiar de forma directa aos profesionais que apostan pola viabilidade do campo, as explotacións profesionais e o desenvolvemento do rural.Neste senso, explicaron que estes apoios contarán cunha tramitación simplificada e aboaranse antes de que remate o ano para dar liquidez directa aos agricultores e gandeiros autónomos cuxos ingresos dependan polo menos nun 25 % da actividade agraria.Para a deputada popular Cristina Campero, estas axudas son “unha mostra do compromiso real e con feitos” da Xunta cos profesionais do campo nun momento de dificultade, correspondendo ao esforzo da xente que o fai ben. Porque, segundo dixo, garantir a estabilidade e a rendibilidade resulta fundamental para asegurar a remuda xeracional no rural e permitir que a mocidade aposte por este sector.Pola súa banda, o deputado Miguel Viso remarcou que “a verdadeira defensa do rural faise con política útiles”, a través de recursos que chegan directamente ao sector produtor e que poñen en valor o liderado lácteo de Galicia, que concentra máis da metade das explotacións de España e produce o 42 % do leite do Estado.Os deputados populares concluíron reiterando que o futuro do rural pasa por apoiar aos gandeiros que apostan pola calidade, pola sustentabilidade e pola protección da biodiversidade. Así, incidiron no compromiso da Xunta para continuar sendo un aliado do sector primario, impulsando medidas que reforcen a súa competitividade e contribúan a fixar poboación no territorio.INICIATIVA NO PARLAMENTO PARA UN REPARTO MÁIS XUSTOAo fío disto, os deputados lembraron que o Grupo Popular rexistrou unha iniciativa no Parlamento para solicitar ao Goberno central a revisión dos criterios das axudas estatais para fertilizantes, esixindo cambios normativos para un reparto “máis xusto e acorde coa realidade produtiva de Galicia”.Dende o PPdeG denunciaron o “desequilibrio territorial” dun modelo de Pedro Sánchez que deixa á comunidade con só o 0,6 % destes fondos, prexudicando gravemente a un sector clave economicamente onde a superficie agraria está moi vinculada á produción de forraxes e á alimentación do gando. Con esta iniciativa, os populares avogan por que os apoios estatais “se aproximen o máximo posible aos custos que realmente soportan os profesionais”, sumándose así á reclamación que a propia Xunta xa trasladou formalmente a Madrid.CENTRO DE DESENVOLVEMENTO AGROGANDEIROA elección do Centro Agrogandeiro responde precisamente ao seu coñecemento directo desta materia. As súas instalacións funcionan como laboratorio e punto de apoio técnico para agricultores e produtores da provincia, aos que presta servizos de análise de solos e asesoramento posterior, incluídas recomendacións específicas de fertilización.Servando Álvarez, director técnico do centro e cunha longa traxectoria no asesoramento aos produtores da Limia, ten desenvolvido ademais traballo específico arredor da racionalización da fertilización dos cultivos e da xestión de fertilizantes. 

Fonte: dendealimia.com

Ver noticia completa
Dende a Limia prensa local
Tamén che pode interesar
A Deputación de Ourense e o Consello da Cultura Galega colaborarán en proxectos culturais e de memoria histórica
Dende A Limia A Deputación de Ourense e o Consello da Cultura Galega colaborarán en proxectos culturais e de memoria histórica
O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, e a presidenta do Consello da Cultura Galega, Dolores Vilavedra, acordaron hoxe en Ourense impulsar varias iniciativas culturais conxuntas. O acordo céntrase nos seguintes puntos: Homenaxe a Carlos Casares: Colaboración en actos polo 25º aniversario do pasamento do escritor en 2025. Concerto infantil en O Carballiño: A vila acollerá en 2028 a actuación “No bico un cantar”, que mestura música e poesía. Patrimonio cultural: Dixitalización e di…
21 de octubre de 2026 1 min lectura
O festival coral CORALIMIA 2026 celebra a súa 16ª edición en Xinzo
Dende A Limia O festival coral CORALIMIA 2026 celebra a súa 16ª edición en Xinzo
O Coro Aimil organiza este sábado 24 de outubro en Xinzo de Limia unha nova edición do seu festival de música popular, aberto a todo o público de xeito gratuíto. O evento terá lugar na igrexa vella de Santa Mariña a partir das 20:30 horas. Nesta xornada musical participarán: Coro Aimil (anfitróns de Xinzo). Orfeón Mariñeiro do Berbés (procedentes de Vigo). Esta cita busca fomentar a convivencia entre agrupacións e achegar a música coral tradicional a todos os veciños.
14 de octubre de 2026 1 min lectura
María Rosa Fernández, a poeta de Xinzo que converteu unha noite en versos
Dende A Limia María Rosa Fernández, a poeta de Xinzo que converteu unha noite en versos
A limiá María Rosa Fernández Araújo, filóloga e futura docente, presenta Noiticidio, un poemario experimental que recolle as emocións vividas durante unha noite enteira de escritura ininterrompida. A obra, que a autora define como un exercicio de intensidade, noite e caos, xurdiu ao seguir as teorías de Isidoro de Sevilla sobre a división da noite. Durante 16 horas —das seis da tarde ás dez da mañá—, Fernández escribiu sen interrupcións externas para plasmar a evolución das súas sensacións ata …
10 de octubre de 2026 2 min lectura
PNFPB Install PWA using share icon

For IOS and IPAD browsers, Install PWA using add to home screen in ios safari browser or add to dock option in macos safari browser