← Volver La Voz de Galicia

Melide fai valer o seu vello entroido, que tiña xenerais do Ulla, madamas e folecheiros

Melide fai valer o seu vello entroido, que tiña xenerais do Ulla, madamas e folecheiros

Fotografía de arquivo. A Limia News.

O museo informa ao centro temático de Xinzo de figuras tradicionais xa perdidas
31 ene 2024 . Actualizado a las 05:00 h.

Houbo un tempo, ata principios do século pasado, no que en Melide, durante o entroido, axotaban á xente os «folecheiros»: figuras con traxe e máscara que, como as pantallas de Xinzo, portaban foles cheos de cinza e borralla para botar ao seu paso. Tamén as madamas e os cabaleiros se deixaban ver, logo da misa, na parroquia de Vitiriz. E na de Pezobre, no curso medio-alto do río Ulla ao seu paso polo concello de Santiso, os xenerais representaban a loita contra as tropas napoleónicas. Os melidenses, que tamén se disfrazaban con máscaras feitas con caixas de cartón, tampouco deixaban pasar o domingo corredor, o venres filloeiro, o xoves de compadres, e o de comadres. Pero pouco queda da manifestación máis antiga do Carnaval na comarca melidá. Sobreviviu o «antroido», que é «unha figura grande de palla que vestían e caracterizaban para logo queimar o martes de Entroido», explica a arqueóloga do museo comarcal, Cristina Vázquez.

A teima de veciños como Manolo Parrado e de asociacións culturais como Curuxás fixo que esa tradición se mantivese ata os tempos actuais, nos que aínda quedan tamén «antroidos»: xente que segue a disfrazarse co que atopa pola casa e forma parte da comitiva improvisada que leva a figura principal no desfile que polas rúas precede á súa queima. «Son como os choqueiros da Coruña», indica Cristina Vázquez, quen, xunto co tamén arqueólogo Xurxo Broz, colaborador da galería melidense, lle deu traslado de toda a información sobre o ancestral Entroido de Melide e a súa comarca ao museo que, no concello ourensán de Xinzo de Limia, é custodio das diferentes manifestacións que ten a celebración en toda Galicia.
A información documentouna Vicente Risco no Terra de Melide, editado no 1933 polo Seminario de Estudos Galegos. E na temática afondaron con traballo de campo Miguel Ares Rúa, un colaborador do museo que é natural de Santiso, e o propio director da institución melidense, Xosé Manuel Broz. O traslado da documentación ao museo de Xinzo fíxose a mediados do pasado decembro; antes, polo tanto, de que a Xunta declarase o Entroido Galego Ben de Interese Cultural (BIC). A pretensión compartindo toda a documentación co museo de Xinzo foi «que nese centro, onde se recolle todo o Entroido tradicional galego, tiveran constancia de que nesta zona tamén existía un tipo de manifestación cultural similar ao que pode haber noutras partes de Galicia», explica Cristina Vázquez. Dende o museo melidense valoran, ao fío, a idoneidade da declaración BIC, toda vez que o entroido «é unha das manifestacións culturais propias e intrínsecas de Galicia, e arraigada coa cultura máis popular e ancestral».

Archivado en: Entroido Comarca da Terra de Melide Melide Río Ulla Santiso

Fonte: lavozdegalicia.es

Ver noticia completa
Arqueología BIC Carnaval Comarca da Terra de Melide Entroido La Voz de Galicia Melide prensa Río Ulla Santiago Santiso Xinzo de Limia Xunta de Galicia
Tamén che pode interesar
A Asociación A Pantalla de Xinzo celebra os seus 30 anos cunha festa aberta
La Voz de Galicia A Asociación A Pantalla de Xinzo celebra os seus 30 anos cunha festa aberta
A Asociación Cultural A Pantalla conmemora este sábado, 24 de outubro, as súas tres décadas de vida en Xinzo de Limia cun acto institucional e un concerto gratuíto. O colectivo, fundado en 1996 para protexer a identidade do Entroido limiano, organizou unha xornada especial para celebrar a súa traxectoria: 20.30 horas: Acto no Museo Galego do Entroido. Repasarase a historia da entidade, nomearanse socios honoríficos a varias directivas e colaboradores históricos, e recibirase a doazón dunha más…
17 de octubre de 2026 1 min lectura
O mosteiro de Bon Xesús de Trandeiras, en Xinzo, declarado Ben de Interese Cultural
La Voz de Galicia O mosteiro de Bon Xesús de Trandeiras, en Xinzo, declarado Ben de Interese Cultural
A Xunta de Galicia declarou o Convento do Bon Xesús de Trandeiras, en Xinzo de Limia, como Ben de Interese Cultural (BIC) na categoría de Monumento. Esta protección oficial recoñece o valor histórico e artístico deste conxunto do século XVI. A declaración, aprobada este luns polo Consello da Xunta, garante a conservación tanto do edificio como da súa contorna e de elementos artísticos específicos: O conxunto arquitectónico: Inclúe o claustro, a igrexa (propiedade do Bispado de Ourense), o bosq…
20 de octubre de 2026 1 min lectura
O polígono do Pereiro de Aguiar crecerá un 38% para ofrecer máis espazo ás empresas
La Voz de Galicia O polígono do Pereiro de Aguiar crecerá un 38% para ofrecer máis espazo ás empresas
A Xunta iniciou os trámites para ampliar o parque empresarial do Pereiro de Aguiar, en Ourense, co obxectivo de que o novo chan estea listo en 2028. A empresa TPF Getinsa Euroestudios encargarase de preparar o proxecto e a compra dos terreos necesarios (expropiacións). Estes traballos durarán 18 meses. Datos clave da ampliación: Nova superficie: case 231.000 metros cadrados máis. Tamaño total: chegará aos 832.000 metros cadrados. Orzamento: a inversión prevista é de 19,8 millóns de euros. …
1 de octubre de 2026 1 min lectura
PNFPB Install PWA using share icon

For IOS and IPAD browsers, Install PWA using add to home screen in ios safari browser or add to dock option in macos safari browser