
Aberto o prazo de preinscrición para o Concilia de Nadal 2026/2027
- Fonte
- vilardesantos.gal
- Concello
- Vilar de Santos
- Publicada
- 24 nov.
O Concello de Vilar de Santos abre o prazo de preinscrición para o Concilia de Nadal 2026/2027, unha iniciativa que ofrece actividades lúdicas e educativas aos nenos e nenas durante as vacacións escolares, facilitando ao mesmo tempo a conciliación da vida familiar e laboral.
O programa está dirixido a nenos e nenas de entre 3 e 12 anos e conta cun total de 30 prazas.
Datas e horarios
O programa desenvolverase do 22 de decembro de 2026 ao 7 de xaneiro de 2027, ambos incluídos, agás o 25 de decembro e o 1 e 6 de xaneiro.
Os horarios establecidos son os seguintes:
Aula Concilia: de 8:00 a 9:00 h.
Actividades: de 9:00 a 14:00 h.
Aula de Agarda: de 14:00 a 14:30 h.
A recepción e a recollida dos menores realizaranse no Salón de Actos do Concello de Vilar de Santos.
Prezos e descontos
Menores empadroados no Concello: 10 €.
Menores non empadroados no Concello: 20 €.
Desconto do 50 % a partir do segundo irmán.
A utilización da Aula Concilia e/ou da Aula de Agarda terá un suplemento único de 5 € por menor, independentemente de que se utilice un servizo ou ambos.
Prazo de preinscrición
O prazo de preinscrición estará aberto desde o 24 de novembro ás 11:00 h ata o 4 de decembro ás 14:00 h.
As familias interesadas deberán completar o formulario en liña habilitado para esta actividade. No caso de querer preinscribir varios irmáns, poderán facelo a través dun único formulario.
A presentación da solicitude de preinscrición non garante a obtención dunha praza.
Publicación das listas e formalización da matrícula
O luns 7 de decembro publicaranse na web do Concello a lista de persoas admitidas e a lista de agarda.
Unha vez publicadas as listas, as familias con praza asignada recibirán información sobre os pasos que deberán seguir para formalizar a matrícula, presentar a documentación requirida e realizar o pagamento. O prazo para completar este proceso rematará o 14 de decembro.
Formulario de preinscrición e bases do programa
As familias interesadas poden acceder ao formulario de preinscrición e consultar as bases do programa, nas que se recollen os requisitos de participación, os criterios de adxudicación de prazas e as condicións de funcionamento.
Desde o Concello de Vilar de Santos animamos ás familias a participar nesta nova edición do Concilia de Nadal.
Saber máis · Descubre A Limia
Vilar de Santos
784 habitantes · 2 parroquias
Coñecer o concello →


