Xoves, 19 de novembro Xinzo 9° Garda: MARIA SOLEDAD RODRIGUEZ GARRIDO
CDR O Viso

O alumnado de Sarreaus levará a voz do rural ao Día da Infancia en Ourense

1 min de lectura

Fonte
CDR O Viso
Concello
Sarreaus
Publicada
18 nov.
Ver a noticia orixinal

O alumnado do CEIP de Sarreaus participará o vindeiro 19 de novembro no acto do Día da Infancia que se celebrará na sala Marie Curie do Edificio Politécnico de Ourense.

Este encontro, organizado pola Plataforma de Organizacións de Infancia de Galicia (POIG) e no que colabora o C.D.R. O Viso, reunirá a colexios de toda a comunidade baixo o lema «Dereitos á acción».

Os escolares de Sarreaus centrarán a súa intervención en debater e reflexionar sobre dous piares fundamentais:

  • O dereito á igualdade.
  • A loita contra a non discriminación.

O obxectivo desta xornada é que a rapazada que vive no rural poida esixir e defender as mesmas oportunidades e dereitos que o resto dos nenos e nenas de Galicia, sen importar o seu lugar de residencia.

Saber máis · Descubre A Limia Sarreaus 1.068 habitantes · 9 parroquias Coñecer o concello →
PNFPB Install PWA using share icon

For IOS and IPAD browsers, Install PWA using add to home screen in ios safari browser or add to dock option in macos safari browser