Luns, 16 de novembro Xinzo 13° Garda: MARIA SOLEDAD RODRIGUEZ GARRIDO
Dende A Limia

A Xunta entrega material a asociacións de Bande para axudar a limpar o monte

1 min de lectura

Fonte
Dende A Limia
Publicada
16 nov.
Ver a noticia orixinal

O delegado da Xunta, Manuel Pardo, entregou hoxe material a diversas asociacións de veciños de Bande para facilitar as tarefas de limpeza de maleza e prevención de incendios no municipio.

Esta iniciativa enmárcase no convenio da Consellería do Medio Rural coa empresa pública Seaga, ao que xa se sumaron 91 concellos en Ourense para axudar aos propietarios e aos concellos a cumprir coa súa obriga de xestionar a biomasa.

Os colectivos veciñais encargaranse de realizar os seguintes traballos:

  • Limpeza de camiños públicos e accesos a vivendas.
  • Eliminación de maleza e biomasa arredor de casas e pistas forestais.
  • Mantemento de espazos verdes e zonas degradadas.
  • Roza de áreas públicas próximas aos núcleos de poboación.

Cómpre lembrar que a limpeza das faixas secundarias (o entorno das casas) é responsabilidade dos particulares. Se estes non o fan, os concellos están obrigados por lei a facelo de xeito subsidiario, contando co apoio deste convenio para a execución das tarefas.

PNFPB Install PWA using share icon

For IOS and IPAD browsers, Install PWA using add to home screen in ios safari browser or add to dock option in macos safari browser