← Volver Dende A Limia

Colaboración para a prevención de incendios na Baixa Limia

Colaboración para a prevención de incendios na Baixa Limia

Fotografía de arquivo. A Limia News.

O director xeral de Defensa do Monte, Manuel Francisco, acompañado polo delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, mantiveron unha reunión co alcaldes da comarca da Baixa Limia (Entrimo, Bande, Lobios, Lobeira e Muíños) para avaliar vías de colaboración no ámbito da prevención de incendios forestais.

Durante o encontro, destacáronse as ferramentas que a Consellería do Medio Rural ofrece ás administracións locais, entre elas:

  • Convenios para a adquisición de maquinaria e brigadas.
  • O sistema público para a xestión da biomasa nas franxas secundarias.

Como medida clave, sinaláronse os detalles do novo convenio coa empresa pública Seaga, destinado a apoiar tanto a propietarios como aos concellos no cumprimento das obrigas de xestión da biomasa en franxas secundarias. Este programa conta cun orzamento anual de 25 millóns de euros —o dobre que o anterior— e xa foi solicitado por 295 concellos.

Fonte: dendealimia.com

Ver noticia completa
Dende a Limia prensa local
Tamén che pode interesar
Compromiso coa protección ambiental e a sostibilidade en A Limia
Dende A Limia Compromiso coa protección ambiental e a sostibilidade en A Limia
A comarca de A Limia, caracterizada pola súa biodiversidade, os seus recursos hídricos, a agricultura e o seu patrimonio natural, enfróntase actualmente a desafíos ambientais críticos. Entre os principais retos destacan o cambio climático, a perda de biodiversidade, a xeración excesiva de residuos e o uso irresponsable dos recursos naturais. Ante esta situación, o CDR desenvolve accións para promover o coidado do medio ambiente, centradas na sensibilización, o consumo responsable, a recicla…
5 de junio de 2026 1 min lectura
A Deputación de Ourense aprueba máis de 220 mil euros para deporte, protección animal e cooperación municipal
Dende A Limia A Deputación de Ourense aprueba máis de 220 mil euros para deporte, protección animal e cooperación municipal
A Xunta de Goberno da Deputación de Ourense aprobou un conxunto de acordos por un total de 220.397,81 euros. Estas axudas están destinadas principalmente ao fomento do deporte, o apoio á protección animal e o reforzo de infraestruturas nos distintos concellos da provincia. Fomento do deporte de base A institución destinará 20.000 euros a unha nova liña de subvencións para a formación de técnicos e monitores deportivos. O obxectivo é apoiar a cualificación profesional das persoas vinculadas aos…
1 de junio de 2026 2 min lectura
Accidente de tráfico en Sandiás: un camión de animais envorca na N-525
Dende A Limia Accidente de tráfico en Sandiás: un camión de animais envorca na N-525
Hoxe, arredor das 8:43 h, un camión que transportaba porcos envorcou no quilómetro 206.600 da estrada N-525, no concello de Sandiás, concretamente á altura do Restaurante Novaiño. Como consecuencia do sinistro, a carga de animais quedou solta sobre a via. Para xestionar a situación e recoller aos porcos, desprazaronse ao lugar os Bombeiros, a Garda Civil de Tráfico e o Servizo de Conservación de Estradas. Impacto: Non se rexistraron feridos no accidente.
3 de junio de 2026 1 min lectura