Mércores, 11 de novembro Xinzo 11° Garda: FARMACIA OLIVERA CORTIÑAS, C. B.
CDR O Viso

A revolución dos coidados xa está aquí

2 min de lectura

Fonte
CDR O Viso
Publicada
29 xul.
Ver a noticia orixinal

Que hoxe, 29 de xullo, El País sitúe a revolución dos coidados en Lodoselo, no Centro de día, é … unha esaxeración.  Que na edición de El País dixital apareza con este título: La revolución de los cuidados ya está aquí: “Nos adaptamos a lo que cada uno necesita” e a foto de cinco veciñas/os compartindo portada cunha noticia nacional (sobre a presidencia do goberno español), internacional (Rusia e Corea) e a detención dun home relacionada coa morte da súa  parella (maldita ruindade!) é un motivo de alegría para nós.
Celebrámolo pero a nosa cultura non é a da visibilidade (importa cantos te ven) senón a do ben ser e do ben facer. Sermos éticos, actuar sabendo que nunca actuamos de todo ben
Xunto a outras dúas experiencias (Fundación Matia, Deputación de Gipuzkoa e a Confederación Autismo, que engloba á asociación ProTGD) preséntannos como espazos onde poñerlle caras e voz ó que pode vir; a filosofía de darlle voz ás persoas participantes, capacidade de decisión sobre o seu proxecto vital, poder combinar axudas e contar con máis apoios. O motivo? A nova lei de dependencia, que se está tramitando e que reforma as normas de discapacidade e dependencia.
Grazas porque dalgunha maneira se teña en conta a nosa achega; que os coidados tamén son un proceso colectivo que require transformar a cultura social, compartir saberes e construír modelos dende a comunidade.
 

https://www.cdroviso.org/files/mscoviso/2026-7/29-11-58-9.admin.El_Pas_29_de_xullo.pdf

PNFPB Install PWA using share icon

For IOS and IPAD browsers, Install PWA using add to home screen in ios safari browser or add to dock option in macos safari browser