
Educación Social e envellecemento no rural. Análise da traxectoria do Pobo escola de Lodoselo
- Fonte
- CDR O Viso
- Concello
- Sarreaus
- Publicada
- 11 xuño
Este venres, 12 de xuño, é un día sinalado para nós. No campus Universitario de Ourense, ás 11 da mañá, presenta a Mª Esther a súa tese de doutoramento. Co título “Educación Social e envellecemento no rural. Análise da traxectoria do Pobo escola de Lodoselo” analiza a dimensión socioeducativa do CDR O Viso e reflexiona sobre as contribucións feitas á formación e profesión da Educación Social.
Graciñas. Moitas. Baixo a dirección a Xosé Manuel Cid no programa de doutoramento “Ciencias da Educación e do Comportamento” da Universidade de Vigo, a Mª Esther Pérez Enríquez obterá o título de Doutora. Eles tamén son CDR. Non de agora… dende a década dos 90. Psicopedagoxía, xornadas, estancias, reuniones… A ética da atención; a capacidade de prestar atención é un xesto de xenerosidade. A admiración como sentimento que nos mellora.
O CDR O Viso débelle todo a moitísima xente. A universidade, as persoas que miraron cara nós e nos axudaron a poñerlle palabras á nosa realidade foi, segue a ser, un dos actores da nosa traxectoria. O mérito que algúns nos dan é froito de todas estas colaboracións. Graciñas
Saber máis · Descubre A Limia
Sarreaus
1.068 habitantes · 9 parroquias
Coñecer o concello →


