Mércores, 11 de novembro Xinzo 11° Garda: FARMACIA OLIVERA CORTIÑAS, C. B.
CDR O Viso

I Seminario Educar e Participar para Transformar

2 min de lectura

Fonte
CDR O Viso
Concello
Sarreaus
Publicada
19 out.
Ver a noticia orixinal

Despois de termos colaborado no desenvolvemento dunha tese de doutoramento centrada na análise e posta en valor de prácticas de acción comunitaria promovidas pola cidadanía, nomeadamente aquelas que se enmarcan no asociacionismo sociocultural galego recibimos o convite do Departamento de Pedagoxía e Didáctica da USC para participar no I Seminario “Educar e participar para transformar: o tecido asociativo como elemento clave da acción comunitaria”. Celebrarase os días 20, 21 e 22 de outubro na Facultade de Ciencias da Educación – Campus Vida e nos concellos de Vedra e Ames.
O seminario concíbese como un espazo de aprendizaxe, reflexión e diálogo arredor da participación e, nomeadamente, do asociacionismo. Pretende ser unha oportunidade para a divulgación e a reflexión científica e profesional, especialmente dirixida ao estudantado de Ciencias da Educación, así como aos colectivos e a todas aquelas persoas interesadas nas cuestións relacionadas co desenvolvemento comunitario e a participación social. Na programación contémplanse coloquios, presentación de algunhas das principais achegas da investigación realizada e diferentes espazos para o diálogo e o intercambio.
A nosa participación está enmarcada na xornada do xoves, en Ames. No Relatorio 1: Tecendo redes 3: Visibilizando boas prácticas asociativas galegas – (Sede do tecido asociativo de Bugallido), presentada por Aida Lorenzo Campos aparece o CDR O Viso (Lodoselo- Sarreaus) e a Asociación Cultura Gentalha do Pichel (Santiago de Compostela). O que nos piden é unha presentación e achégannos un guión para en 20 minutos falar da orixe e propósito, as liñas de acción e iniciativas clave; o valor de asociarse; o termómetro da implicación veciñal e o futuro da participación. Tralas presentacións establecerase un espazo de preguntas, intervención e diálogo coas persoas participantes.
 

Saber máis · Descubre A Limia Sarreaus 1.068 habitantes · 9 parroquias Coñecer o concello →
PNFPB Install PWA using share icon

For IOS and IPAD browsers, Install PWA using add to home screen in ios safari browser or add to dock option in macos safari browser