← Volver Diario do Limia

Nace a Asociación Ourensá de Clubs de Baloncesto Base para impulsar este deporte na provincia

Nace a Asociación Ourensá de Clubs de Baloncesto Base para impulsar este deporte na provincia

Fotografía de arquivo. A Limia News.

Un total de 12 clubs de baloncesto base da Delegación Zonal de Ourense constituíron este xoves, 2 de xullo, a nova Asociación Ourensá de Clubs de Baloncesto Base (AOCBB) co obxectivo de defender os seus intereses e fomentar a práctica deportiva.

A fundación tivo lugar na Sala de Xuntas das Federacións, situada no barrio do Couto, en Ourense. Tras un proceso de debate e análise dos estatutos, os 12 clubs promotores asinaron a acta fundacional e os documentos que rexerán o funcionamento da nova entidade.

Os clubs fundadores que integran a AOCBB son:

Desde a asociación sinalaron que o resto de clubs da delegación teñen as portas abertas para sumarse ao proxecto cando o desexen. A estrutura organizativa estará composta por unha Asemblea Xeral, onde cada club contará cun voto, e unha Xunta Directiva encargada da representación institucional, que se renovará cada mes de xullo ao remate da tempada.

Os fins principais desta nova entidade son:

O primeiro paso oficial da asociación terá lugar o vindeiro martes 7 de xullo, data na que celebrarán unha reunión coa Federación Galega de Baloncesto, que preside Julio Bernárdez.

Fonte: diariodolimia.gal

Ver noticia completa
Diario do Limia prensa local xinzo
Tamén che pode interesar
FOTOGALERÍA | Máis de mil escolares galegos e portugueses renovan a súa irmandade arredor do Limia
Diario do Limia FOTOGALERÍA | Máis de mil escolares galegos e portugueses renovan a súa irmandade arredor do Limia
O río Limia volveu converterse nun punto de encontro entre Galicia e Portugal coa celebración do XIV Abrazo ao Río Limia. Escolares de diversos centros educativos da comarca e de Ponte de Lima participaron nunha iniciativa que promove a educación ambiental, o coñecemento do patrimonio natural e o fortalecemento dos lazos históricos e culturais entre ambas localidades. A actividade culminou cun novo abrazo simbólico ao río, un xesto que ano tras ano reafirma a irmandade entre os dous pobos.
16 de junio de 2026 1 min lectura
A Policía Local de Xinzo investiga a venda ilegal de catro cachorros no Parque do Toural
Diario do Limia A Policía Local de Xinzo investiga a venda ilegal de catro cachorros no Parque do Toural
A Policía Local de Xinzo de Limia abriu unha investigación tras detectarse esta mañá o intento de venda ilegal de catro cachorros nas inmediacións do Parque do Toural. As autoridades buscan agora aos dous animais restantes, xa que só se puideron recuperar dous exemplares. Os feitos ocorreron cando unha parella de nacionalidade portuguesa foi sorprendida abordando aos viandantes na zona pública co obxectivo de comercializar cos cans de xeito irregular. Tras recibir o aviso da veciñanza, os axent…
27 de junio de 2026 2 min lectura
O BNG propón un proceso de participación para a planificación do novo auditorio de Xinzo de Limia
Diario do Limia O BNG propón un proceso de participación para a planificación do novo auditorio de Xinzo de Limia
O BNG de Xinzo de Limia, a través do seu voceiro municipal Camilo Vila, presentou unha moción para impulsar un proceso de planificación e participación social previo á construción do futuro auditorio da vila. A formación nacionalista defende que, antes de avanzar no deseño arquitectónico, é fundamental realizar un análisis das necesidades culturais, os usos previstos e a viabilidade económica e funcional do equipamento. A proposta do BNG centra as súas reivindicacións en tres eixos principais: …
12 de junio de 2026 2 min lectura