Domingo, 8 de novembro Xinzo 11° Garda: FARMACIA OLIVERA CORTIÑAS, C. B.
Dende A Limia

Defensa da tese doutoral sobre educación social e envellecemento no medio rural

1 min de lectura

Fonte
Dende A Limia
Concello
Sarreaus
Publicada
16 xuño
Ver a noticia orixinal

O pasado venres 12 de xuño, no Salón de Grados da Facultade de Educación e Traballo Social, realizouse a lectura da tese doutoral titulada “Educación Social e envellecemento no rural. Análise da Traxectoria no pobo-escola de Lodoselo”. A investigación foi presentada por María Esther Pérez Enríquez, baixo a dirección de Xosé Manuel Cid Fernández.

O tribunal cualificou o traballo como un estudo etnográfico rigoroso e de elevada relevancia temática. A investigación aborda aspectos fundamentais como o envellecemento, o sobreenvellecemento e a necesidade de superar o idadismo, propondo un cambio de paradigma que entenda a vellez como un modelo centrado nas capacidades das persoas e non como un modelo de deficiencia.

Aspectos clave da investigación:

  • Desenvolvemento comunitario: Destaca a importancia de proxectos como o CDR como modelos de resistencia e vangarda, alineados cos Odras de Desenvolvemento Sostible (ODS).
  • Impacto social: Subliña o papel da educación social na transformación das realidades, o empoderamento e a necesidade de unha maior sensibilidade no traballo con persoas.
  • Liñas de futuro: A tese enfatiza a importancia de formar profesionais sensibilizados para acompañar á sociedade, promover programas interxeracionais e construír unha cidadanía crítica, activa e participativa que axude a garantir unha vida digna para toda a población.
Saber máis · Descubre A Limia Sarreaus 1.068 habitantes · 9 parroquias Coñecer o concello →
PNFPB Install PWA using share icon

For IOS and IPAD browsers, Install PWA using add to home screen in ios safari browser or add to dock option in macos safari browser