← Volver Concello de Sandiás

Do “monte limpo” a xestión da biodiversidade vexetal: veciñanza e expertos únense en Sandiás para avanzar na proteccón das aldeas fronte ao lume

Do “monte limpo” a xestión da biodiversidade vexetal: veciñanza e expertos únense en Sandiás para avanzar na proteccón das aldeas fronte ao lume

Fotografía de arquivo. A Limia News.

O Salón de Actos da Casa da Cultura de Sandiás acolleu este venres a I Xornada Informativa sobre xestión da biodiversidade vexetal e prevención de incendios, unha iniciativa promovida por Protección Civil de Sandiás dentro do programa local “Aldeas Seguras.” O título “xestión da biodiversidade” tiña como finalidade que o veciño non vexa o monte como “combustible”, como unha ameaza; máis ven compre velo como “biodiversidade”, percibilo como un patrimonio vivo a protexer dado que un espazo sen biomasa morta perde a súa fertilidade a longo prazo. A limpeza non ten porque ser total xa  que isto supón a eliminación e destrución do fogar de multitude de insectos e microorganismos así como a perda de nutrientes (ramas, follas, pequeniños restos). O encontro, de case dúas horas de duración, naceu co obxectivo de concienciar á veciñanza sobre a importancia da prevención dos incendios forestais, da correcta xestión da biodiversidade vexetal e do cumprimento da normativa vixente nas faixas de protección arredor das vivendas e núcleos de poboación.A xornada foi presentada por Fernando Gándara, presidente de Protección Civil de Sandiás, entidade organizadora da actividade, quen destacou a necesidade de “informar de maneira clara e práctica á cidadanía para avanzar entre todos cara a aldeas máis seguras.O primeiro relatorio correu a cargo do bombeiro forestal Tomás Báez, que explicou diferentes aspectos relacionados cos incendios forestais e coa prevención, abordando cuestións como a tipoloxía das faixas de protección —primarias, secundarias e terciarias—, as áreas cortalumes naturais e artificiais, os incendios de interface, os usos do lume ou os coñecidos incendios de sexta xeración. Tamén fixo referencia ao Plan Pladiga e ás parroquias con maior potencial de actividade incendiaria (parroquias priorizadas).Pola súa banda, o alcalde de Sandiás, Felipe Traveso, incidiu na importancia da colaboración cidadá para afrontar o problema dos incendios forestais. O rexedor destacou que “a prevención é unha responsabilidade compartida” e lembrou que o Concello aposta prioritariamente por un labor didáctico e de concienciación antes de recorrer ás sancións. Traveso tamén sinalou as dificultades existentes para localizar propietarios de determinadas parcelas abandonadas e puxo en valor o esforzo municipal para manter limpas as pistas e espazos públicos.A última intervención foi a de José Manuel Gómez “Cazolas”, presidente da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Piñeira de Arcos, quen centrou a súa exposición na importancia da cultura da prevención e da correcta xestión da biodiversidade vexetal nos montes comunais. Gómez repasou exemplos prácticos realizados na parroquia de Piñeira de Arcos, onde se desenvolveron actuacións de forestación, rozas preventivas e tratamentos silvícolas cun investimento próximo aos 114.000 euros.A xornada rematou cunha quenda aberta de preguntas e intervencións do público, nas que se abordaron cuestións relacionadas coa identificación das parcelas, a coordinación entre catastro e administración local, a necesidade de fomentar e favorecer o traballo comunitario e a preocupación pola existencia de zonas abandonadas con elevado risco potencial de incendio, algunhas en núcleos urbanos, a posibilidade e necesidade de acudir ao concello con normalidade para informarse, plantexar calquer tipo de demanda, dúbida ou consulta, etc…A organización valorou moi positivamente a participación e o interese mostrado polos participantes na primeira xornada informativa sobre a xestión da biodiversidade de vexetación no Programa Aldeas Seguras, destacando a importancia de seguir promovendo este tipo de encontros para reforzar a prevención e a seguridade nas aldeas do municipio. A Agrupación de Protección Civil de Sandías agradeceu a asistencia e implicación dos participantes, así como o compromiso dos membros da mesa e do equipo, subliñando que a xornada supón un primeiro paso importante para mellorar a capacidade de resposta.

Fonte: sandias.es

Ver noticia completa
concello General sandiás
Tamén che pode interesar
Sandiás pon en valor a arquitectura de terróns no Día Internacional dos Monumentos e Sitios
Concello de Sandiás Sandiás pon en valor a arquitectura de terróns no Día Internacional dos Monumentos e Sitios
O Concello de Sandiás celebra o Día Internacional dos Monumentos e Sitios pondo  en valor a arquitectura tradicional de terróns en terra firme, un patrimonio singular que aínda resiste o paso do tempo en distintas aldeas da contorna. Estas construcións, coñecidas tamén como “felpas”, están representadas principalmente por casas e palleiras elaboradas a partir da […] La entrada Sandiás pon en valor a arquitectura de terróns no Día Internacional dos Monumentos e Sitios se publicó primero en Concel…
20 de abril de 2026 1 min lectura