O Concello de Xinzo de Limia convoca os Premios da Cultura 2025

Concello de Xinzo de Limia

Xinzo de Limia convoca os Premios da Cultura 2025

O Concello de Xinzo de Limia, a través da Concellería de Cultura, anunciou a convocatoria dos Premios da Cultura 2025. Estes premios buscan recoñecer e agradecer o traballo de persoas, entidades e colectivos que contribúen ao desenvolvemento cultural do municipio.

Os premios pretenden reforzar a cohesión social e recoñecer o tecido humano e asociativo que sostén a vida cultural de Xinzo.

A Concellería de Cultura agradece a participación do xurado valorador integrado por Cándido Paniagua Pousa, Xosé Calleja López, Manuela López Rodríguez, Fernando Dopico Blanco, Manuel Seoane Feijóo, Carlos Valle Rivera, Concepción Ogea Conde e Justo Gude Méndez.

Os Premios da Cultura de Xinzo de Limia 2025 celebraranse nun acto público onde se homenaxeará ás persoas e entidades que fan posible que a cultura siga sendo un dos piares fundamentais da identidade colectiva.

Fonte: www.xinzodelimia.gal

VER NOTICIA COMPLETA