O Antela perdeu na casa ante o Colegio Hogar nun partido onde os visitantes se adiantaron no marcador e resistiron a presión local. Bechiki, a pase de Anxo, empatou antes do descanso, pero o Colegio Hogar marcou o gol da vitoria nunha contra na segunda metade.
A pesar do dominio e os intentos do Antela, que incluso estrelou dous balóns no longueiro por medio de Anxo, o equipo vigués mantivo a vantaxe até o final.
O encontro disputouse no campo do Antela.