A IV Feira das Mozas celebrarase o 1 de xuño en Xinzo de Limia
Tras ser cancelada por motivos meteorolóxicos, a IV Feira das Mozas terá lugar o 1 de xuño en Xinzo de Limia. O evento contará cun mercado de artesanía, pasarrúas con diversos grupos musicais como «Tarde Piache» e «Os Ghalos d’Antioquía», xogos populares, un espectáculo de monicreques da compañía «Monifates», mostra de oficios tradicionais, baile e música tradicional co grupo «Tahume», verbena con «A Música de Cecebre» e unha foliada aberta.
Ademais, poderá visitarse a exposición “A Feira de Xinzo a través da historia” durante toda a xornada.
Fonte: www.diariodolimia.gal