Domingo, 22 de novembro Xinzo 11° Garda: PRIETO VIVANCO-CONDE C.B
Dende A Limia

O Concerto Intercentros enche a Igrexa Nova na apertura do II Festival Santa Icía

2 min de lectura

Fonte
Dende A Limia
Concello
Xinzo de Limia
Publicada
22 nov.
Ver a noticia orixinal

A Igrexa Nova acolleu este venres o Concerto Intercentros, a cita que abriu o II Festival Santa Icía, organizado pola Agrupación Musical da Limia e o Concello de Xinzo de Limia en honra á patroa da música. O templo encheuse de público para escoitar ás tres escolas de música da vila nun mesmo concerto. Abriu a velada o Conservatorio Profesional de Música de Xinzo de Limia, que presentou varias das súas agrupacións, entre elas o conxunto de guitarras, o coro e o grupo de acordeóns, e pechou a súa intervención cunha gran formación conxunta do alumnado. A continuación, a Escola Municipal de Gaitas e Percusión, co grupo «Tarde Piache», trouxo ao festival o son das gaitas, os tambores e os bombos, nunha actuación moi celebrada polo público. O peche correu a cargo da Escola de Música da Limia. Primeiro actuou a Orquestina Antela, que celebrou sobre o escenario o seu primeiro aniversario, e despois a Agrupación Musical da Limia ao completo puxo o broche final ao concerto. O festival continuou este sábado 21, ás 19.00 horas, coa misa cantada pola Coral Santa Mariña e, ás 19.45 horas, co concerto Hans Zimmer Tribute da Agrupación Musical da Limia na Igrexa Nova. O domingo 22, día de Santa Icía, a Igrexa Vella pechará a programación ás 17.00 horas cun concerto de música coral.

Saber máis · Descubre A Limia Xinzo de Limia 9.699 habitantes · 20 parroquias Coñecer o concello →
PNFPB Install PWA using share icon

For IOS and IPAD browsers, Install PWA using add to home screen in ios safari browser or add to dock option in macos safari browser