← Volver 21 Noticias

En marcha os servizos especiais de autobús con motivo da romaría da Saínza – 21NOTICIAS

En marcha os servizos especiais de autobús con motivo da romaría da Saínza – 21NOTICIAS

Fotografía de arquivo. A Limia News.

Haberá dúas frecuencias en cada sentido polas noites entre Xinzo de Limia e A Saínza cunha duración duns 15 minutos
A Xunta activa desde hoxe ata o domingo servizos especiais de autobús con motivo da romaría da Saínza, en Rairiz da Veiga con dúas frecuencias en cada sentido polas noites entre Xinzo de Limia e a Saínza e cunha duración estimada de 15 minutos.
Deste xeito, para a ida disporase  de dúas opcións de viaxe con saída da estación de autobuses de Xinzo de Limia ás 21,00 e 23,00 horas e, para a volta, de dous servizos con saídas desde A Saínza ás 02,30 e ás 03,30 horas da madrugada.
A información relativa aos novos servizos estará dispoñible para a súa consulta na páxina web www.bus.gal, onde as persoas interesadas poden consultar a oferta de servizos actualizada para organizar os seus desprazamentos con maior facilidade.
A Xunta, coa posta en marcha destes servizos especiais, quere facilitar mellores alternativas de viaxe en transporte público, de xeito que se reduzan os riscos da condución, e diminúa o impacto medioambiental e sobre o tráfico.

Fonte: 21noticias.com

Ver noticia completa
21 Noticias autobuses Ourense Romaria A Sainza xinzo Xinzo de Limia xunta galicia
Tamén che pode interesar
O Antela visita hoxe ao Arenteiro nun derbi ourensán de Tercera Federación
La Voz de Galicia O Antela visita hoxe ao Arenteiro nun derbi ourensán de Tercera Federación
O Antela FC xoga esta tarde no campo de Espiñedo (O Carballiño) contra o CD Arenteiro. O encontro, un derbi provincial dentro da Tercera Federación, comezará ás 19:00 horas. O Antela, adestrado por Bruno Gómez, chega ao partido con moral tras gañar ao Somozas, a pesar da baixa por lesión de Iñaki Bellido. Pola súa banda, o Arenteiro de Marc Vidal está nun proceso de reconstrución do equipo, lastrado por problemas económicos, e busca gañar confianza tras o seu difícil inicio de liga. Pola súa p…
3 de octubre de 2026 1 min lectura
Xinzo celebra hoxe o festival de música coral Coralimia
La Voz de Galicia Xinzo celebra hoxe o festival de música coral Coralimia
O festival Coralimia chega á súa décimo sexta edición este sábado en Xinzo de Limia. A cita musical terá lugar na Igrexa Vella de Santa Mariña, a partir das 20.30 horas. O evento, organizado pola Asociación Cultural Aimil Folc, contará coa actuación conxunta de dúas agrupacións: O Coro Aimil, de Xinzo de Limia. O Orfeón Mariñeiro do Berbés, de Vigo.
24 de octubre de 2026 1 min lectura
Tania Castiñeiras comeza a traballar nunha gandería de ovellas tras formarse na Escola de Pastores
La Voz de Galicia Tania Castiñeiras comeza a traballar nunha gandería de ovellas tras formarse na Escola de Pastores
A veciña Tania Castiñeiras, de 37 anos, incorpórase ao sector gandeiro tras rematar o primeiro curso da Escola de Pastores de Galicia, estreada este ano en Xinzo de Limia. A nova gandeira pasará a xestionar unha explotación de 180 cabezas de gando ovino. Este centro formativo naceu co obxectivo de axudar a todas aquelas persoas que queiran dedicarse profesionalmente á cría de animais, facilitándolles o coñecemento técnico necesario para o manexo diario. A pesar da formación recibida, os alumno…
18 de octubre de 2026 1 min lectura
PNFPB Install PWA using share icon

For IOS and IPAD browsers, Install PWA using add to home screen in ios safari browser or add to dock option in macos safari browser