← Volver 21 Noticias

Resumo da entrada


A Consellería do Medio Rural reforza o seu compromiso co regadío da Limia mediante un novo investimento de 8 millóns de euros, co obxectivo de subvencionar a viabilidade financeira das actuacións de mellora en captacións de augas subterráneas. Este orzamento permitirá modernizar e consolidar o regadío, complementando o convenio asinado entre a Comunidade de Regantes e Seiasa no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia da Economía Española. A Xunta busca así facilitar o financiamento que lle corresponde á Comunidade de Regantes, diferenciándose do Goberno central que recadará o IVE da obra.

Novo Investimento para o Regadío da Limia

Poderanse levar a cabo as obras de modernización contempladas no convenio asinado entre a Comunidade de Regantes e a Sociedade Estatal de Infraestruturas Agrarias (Seiasa) do Plan de Recuperación, Tranformación e Resiliencia da Economía Española

A Consellería do Medio Rural está a afianzar a súa aposta polo regadío da Limia cun novo investimento de fondos propios que ascende ata os 8 millóns de euros (un millón de euros anuais ata o ano 2032). Así o anunciou hoxe a titular deste departamento, María José Gómez, na sinatura dun novo convenio coa Comunidade Xeral de Regantes Nova Limia, que ten como obxectivo subvencionar a viabilidade financeira das actuacións enmarcadas na iniciativa de mellora para o aproveitamento en regadío das captacións de augas subterráneas desta comarca.

Con este orzamento poderanse levar a cabo as obras de modernización e consolidación do regadío da Limia contempladas no convenio asinado entre a Comunidade de Regantes e a Sociedade Estatal de Infraestruturas Agrarias (Seiasa), enmarcado no Plan de Recuperación, Tranformación e Resiliencia da Economía Española, concretou Gómez, que estivo acompañada pola directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Paz Rodríguez; polo delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo; e polo presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor.

A conselleira explicou que este proxecto conta cun orzamento de case 36 millóns de euros máis IVE, do que a Comunidade de Regantes ten que financiar o 20%, ademais do 21% do IVE da obra e outros custos adicionais. A conselleira do Medio Rural cualificou como “inasumible” a cantidade que teñen que aboar os regantes algo que, como recalcou, “se trasladou” en numerosas ocasións. Polo tanto, a Xunta “respondeu” con axilidade “cumprindo co prometido” e optou por establecer este convenio para facer fronte a parte do financiamento que lle corresponde asumir a esta Comunidade.

Seguindo esta liña, contrapuxo o importante esforzo inversor do Goberno autonómico baseado na utilización de fondos propios en contraste co traballo realizado polo Goberno central, que recadará o IVE desta obra. De seguido, destacou que a mellora e modernización da Limia é unha “actuación estratéxica” que traerá consigo importantes repercusións positivas tanto para o desenvolvemento socioeconómico da zona como para a potenciación do sector agrario da comarca. Ademais, referiuse ás obras realizadas con carácter previo nesta zona.

A Consellería do Medio Rural realizou nos últimos anos importantes investimentos para modernizar e mellorar o regadío da Limia, sempre con fondos propios e co obxectivo de manter e preservar o tecido agrario desta comarca. Cómpre lembrar os catro millóns de euros investidos na sondaxe e construción de 42 pozos para a captación de augas subterráneas, actuacións necesarias para que a Comunidade de Regantes puidera asinar o convenio con Seiasa.

María José Gómez tamén salientou os 2,5 millóns destinados para financiar na súa totalidade, a instalación dos grupos de bombeo e de electrificación. Polo tanto, no seu conxunto, a Xunta investiu preto de 7 millóns de euros para acometer obras de mellora no regadío da Limia.

Fonte: 21noticias.com

Ver noticia completa
21 Noticias A Limia Galicia Medio rural Ourense regadio xunta galicia
Tamén che pode interesar
A Limia homenaxea a Otero Pedrayo con dúas xornadas dedicadas á súa obra e á Lagoa de Antela
Diario do Limia A Limia homenaxea a Otero Pedrayo con dúas xornadas dedicadas á súa obra e á Lagoa de Antela
A Limia únese á conmemoración do Ano Oteriano 2026 con dous encontros culturais que analizarán a profunda relación de Ramón Otero Pedrayo coa comarca e coa Lagoa de Antela os días 5 e 12 de setembro. Estas sesións, abertas ao público, buscan achegar o legado do escritor galego desde unha perspectiva literaria, histórica e paisaxística: 5 de setembro en Vilar de Santos: Museo Etnográfico da Limia, ás 11.30 horas. Contará con relatorios de Paco López-Barxas, Patricia Arias Chachero e Xosé Carlos…
2 de septiembre de 2026 1 min lectura
O Concello de Xinzo impulsará o centro de Limisi e asumirá o mantemento da travesía da N-525
La Voz de Galicia O Concello de Xinzo impulsará o centro de Limisi e asumirá o mantemento da travesía da N-525
O pleno de Xinzo de Limia aprobou este xoves bonificar os impostos das obras do futuro centro ocupacional da asociación Limisi, en Morgade, e informou de que o Concello se fará cargo do mantemento da travesía da N-525 tras a súa recente reforma. A corporación municipal deu luz verde aos seguintes asuntos clave: Centro de Limisi: Bonificouse o imposto de construción (ICIO) e a licenza urbanística para facilitar a rehabilitación do edificio, pendente agora de recibir unha subvención. Plan de ax…
28 de agosto de 2026 1 min lectura
391 agricultores de Ourense reciben máis de medio millón de euros en axudas para fertilizantes
Diario do Limia 391 agricultores de Ourense reciben máis de medio millón de euros en axudas para fertilizantes
Un total de 391 agricultores da provincia de Ourense comezarán a recibir axudas directas do Goberno central para mercar fertilizantes. En total, repartiranse 508.183 euros para compensar o encarecemento deste produto esencial para o campo. A primeira listaxe de beneficiarios xa está publicada e abrangue unha superficie de 10.715 hectáreas. As axudas divídense segundo o tipo de cultivo: Regadío: 166.399 euros (ata 92,50 euros por hectárea). Secaño: 341.784 euros (ata 38,33 euros por hectárea).…
7 de septiembre de 2026 1 min lectura
PNFPB Install PWA using share icon

For IOS and IPAD browsers, Install PWA using add to home screen in ios safari browser or add to dock option in macos safari browser