La Voz de Galicia
A Agrupación Folklórica Celme celebra o seu cuadraxésimo aniversario
26 dic 2024. Actualizado ás 09:48 h.
No ano 1984, Malores Domínguez, Ana Alcántara e Quique Domínguez comezaron a impartir clases de baile tradicional para nenos e nenas de ata 15 anos. Non sería ata o ano seguinte, en maio e coincidindo co Día da Muiñeira, que a Agrupación Folklórica Celme actuou por primeira vez. O "entusiasmo e a dedicación de todos os seus alumnos" foi o que os motivou a dar o paso para que Celme fose unha realidade.
Catro décadas despois, este sábado, a partir das 20 hor…