La Voz de Galicia
As piscinas municipais de verán de Xinzo de Limia abren este mércores
O Concello de Xinzo de Limia inaugura este mércores, 1 de xullo, a tempada de baño nas piscinas municipais ao aire libre, que estarán operativas durante os meses de xullo e agosto.
As instalacións abrirán de luns a domingo, en horario ininterrompido de 12.30 a 20.30 horas. Antes desta apertura, o goberno local realizou obras de mantemento para mellorar a seguridade dos bañistas, consistentes na renovación integral dos bordos dos vasos para eliminar lousas deterioradas e evitar escorregóns.
Par…