← Volver La Voz de Galicia

Un científico

Un científico

Fotografía de arquivo. A Limia News.

Santi M. Amil

26 oct 2023 . Actualizado a las 05:00 h.

Entre as virtudes do primo Gerardo, ata a pasada semana, non figuraba a deducción científica. Equivoqueime. O meu primo non só ten o mellor arquivo consuetudinario de Verín (defuncións, nacementos, bares que pechan, nomes estraños, películas proxectadas nos cines da vila, alcumes, etcétera), agora resulta que as súas apreciacións meteorolóxicas son incontestables. Na primavera, viaxando pola provincia ourensá, ía mirando as nubes. El e a prima Luisa falaban entre si. «Ves, Gerardo? Non falla», dicía ela. El contestaba: «Non falla. Dogma de fe». Berta mais eu non sabiamos ben de que estaban parolando. De contado fomos informados. En Verín non chovía e dende Xinzo para Ourense, si. A Luísa ría. O Gerardo, tamén. E non deixaban de insistir: «non falla, non falla». Que era o que non fallaba? O primo Gerardo explicou a súa teoría revolucionaria. Nas súas libretas leva anotado os días que chove en Verín e os días que non chove. Tamén anota os días que chove de Xinzo cara ao norte. Non coinciden. Habitualmente, as chuvias de Verín —segundo a súa opinión— son moito menores que no resto do país. Por que, preguntámonos. De seguida contestou: «Son os muíños, as aspas, esas que moven o ceo e as nubes». Non entendín. Continuou: «En Verín chove menos porque na zona de Xinzo hai moitos aeroxeneradoes, miles, e cando se moven mandan as nubes cara atrás». Non bromeaba. Falaba en serio. Eu, ignorante, rin. Ata a pasada semana. Saín de clases do Campus de Ourense ás nove da noite. Regresaba a Verín. Nunca vin chover tanto. Así ata Xinzo. Despois de Xinzo, parou. Nin gota. Conteillo ao Gerardo. Riu. Dixo: «Os aeroxeneradores, neno. Un científico da miña talla nunca se equivoca».

Archivado en: Verín Ciencia Xinzo de Limia

Fonte: lavozdegalicia.es

Ver noticia completa
Ciencia La Voz de Galicia prensa Verín Xinzo de Limia
Tamén che pode interesar
A Xunta reparte 263.000 euros para dinamizar os Centros Comerciais Abertos de Ourense
La Voz de Galicia A Xunta reparte 263.000 euros para dinamizar os Centros Comerciais Abertos de Ourense
A Consellería de Emprego acaba de conceder 263.000 euros en axudas para apoiar as actividades de promoción dos seis Centros Comerciais Abertos (CCA) da provincia de Ourense. Estes fondos serven para financiar campañas de fidelización de clientes, captación de novos socios e actividades formativas para os comerciantes. Como novidade este ano, as asociacións poderán usar o diñeiro para ofrecer servizos de ludoteca e ocio infantil, facilitando así que as familias poidan facer as súas compras nos e…
12 de agosto de 2026 1 min lectura
Ponteareas pide que a Festa da Peixeira de Xinzo sexa declarada de interese turístico
La Voz de Galicia Ponteareas pide que a Festa da Peixeira de Xinzo sexa declarada de interese turístico
O Concello de Ponteareas solicitou á Xunta de Galicia que a Festa da Peixeira de Xinzo reciba o recoñecemento de interese turístico, un distintivo que busca poñer en valor a singularidade desta celebración. Esta festa, que celebra este venres a súa XXXIV edición, homenaxea ás mulleres que durante xeracións levaron o peixe desde a costa ata o interior, converténdose nun símbolo de identidade para a parroquia. O obxectivo desta petición é protexer este legado histórico e atraer a máis visitantes …
27 de agosto de 2026 1 min lectura
O Antela FC xoga esta tarde en Xinzo as semifinais da Copa Federación
La Voz de Galicia O Antela FC xoga esta tarde en Xinzo as semifinais da Copa Federación
O Antela FC enfróntase hoxe domingo ao CD Boiro nas semifinais da fase autonómica da Copa Federación. O encontro disputarase ás 17:30 horas no campo da Moreira, en Xinzo de Limia. O equipo local, adestrado por Bruno Gómez, chega ao partido con moita moral tras eliminar ao Ourense CF en cuartos de final. Pola súa banda, o conxunto barbanzano accedeu a esta rolda directamente tras a retirada do Portonovo na fase anterior, polo que chega máis descansado pero con menos rodaxe competitiva. O gañado…
16 de agosto de 2026 1 min lectura
PNFPB Install PWA using share icon

For IOS and IPAD browsers, Install PWA using add to home screen in ios safari browser or add to dock option in macos safari browser