← Volver La Voz de Galicia

Colexios de Galicia e Portugal compartirán actividades

Colexios de Galicia e Portugal compartirán actividades

Fotografía de arquivo. A Limia News.

A Xunta promove competencias bilingües e interculturais con docentes e alumnos
24 ene 2024 . Actualizado a las 05:00 h.

A directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa, Judith Fernández, reuniuse onte con representantes dos seis centros educativos que participan no novo programa Escolas de Fronteira, a través do que a Xunta promove as competencias bilingües e interculturais entre colexios, docentes e alumnos de Galicia e Portugal.

Neste primeiro curso participan na iniciativa un total de seis centros que xa implementaron nos pasados cursos accións con outros do norte luso. Trátase do CEIP Plurilingüe Infante Felipe de Borbón (Salvaterra de Miño), o CEIP Plurilingüe número 1 de Tui, o CEIP Rosalía de Castro (Xinzo de Limia), o CEIP Carlos Casar (Xinzo de Limia), o CEIP Princesa de España (Verín) e o CEIP Plurilingüe Amaro Refojo (Verín).
A representante da Consellería de Cultura e Educación felicitounos pola súa disposición a formar parte desta iniciativa piloto e polo seu interese por texer redes educativas e culturais cos centros do país veciño. Asimesmo, interesouse polos proxectos desenvolvidos en anos anteriores.

Escolas de Fronteira busca promover actividades culturais e pedagóxicas, así como a promoción da identidade común dos pobos galego e portugués dentro dunha perspectiva xeral de integración europea e do mundo lusófono. Para iso, levaranse a cabo actividades interdisciplinarias que engloben as realidades de ámbolos dous países e, en particular, o territorio fronteirizo no que se atopan as escolas que ás veces só están separadas por uns centos de metros cruzando unha ponte. Cada centro participante realizará un proxecto en conxunto co seu centro espello portugués e promoverase a creación e intercambio de recursos pedagóxicos.
Tamén se impulsará a formación do profesorado. De feito, os docentes encargados da iniciativa en cada colexio participante realizarán unha formación específica sobre metodoloxía de proxectos multiculturais.

A iniciativa enmárcase dentro do programa Escolas Bilingües Interculturais de Fronteira, un proxecto de cooperación entre os gobernos de Portugal, España e as comunidades autónomas e no que tamén colabora a Organización de Estados Iberoamericanos como socio estratéxico. Conta coa participación da Universidade de Aveiro, da Universidad Complutense de Madrid e de centros de formación de profesorado das diferentes comunidades autónomas. En Extremadura, por exemplo, está moi asentada a cooperación e o idioma portugués é xa unha segunda lingua en moitos centros da comunidade.

Archivado en: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaia Consellería de Cultura Portugal Verín Xinzo de Limia

Fonte: lavozdegalicia.es

Ver noticia completa
Consellería de Cultura Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaia La Voz de Galicia Portugal prensa Salvaterra de Miño Verín Vigo Xinzo de Limia Xunta de Galicia
Tamén che pode interesar
O Polo de Emprendemento de Verín impulsou a creación de máis de vinte empresas en Xinzo
La Voz de Galicia O Polo de Emprendemento de Verín impulsou a creación de máis de vinte empresas en Xinzo
O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, presentou este mércores en Xinzo de Limia o balance dunha oficina que xa atendeu 320 proxectos e onde o 57 % das persoas emprendedoras son mulleres. A oficina técnica do Polo de Emprendemento de Verín, que traballa en colaboración coa asociación Prolimia, ofrece asesoramento gratuíto a calquera persoa que queira poñer en marcha un negocio. O seu traballo deu estes resultados: Proyectos asesorados: 320. Empresas creadas: Máis de 20. Titorí…
10 de julio de 2026 1 min lectura
O cine de verán da Deputación chega a 30 concellos de Ourense
La Voz de Galicia O cine de verán da Deputación chega a 30 concellos de Ourense
O circuíto provincial de cine de verán arranca este domingo no Carballiño. O programa levará proxeccións gratuítas ao aire libre a 30 municipios da provincia durante os meses de xullo e agosto. A iniciativa, impulsada pola Deputación de Ourense en colaboración con Gadis e a Asociación Española contra o Cancro, busca achegar a cultura aos concellos que non contan con salas de cine estables. A carteleira consta de nove películas con protagonismo galego, como Rondallas, Leo & Lou e Antes de nós. …
11 de julio de 2026 1 min lectura
Cruz Vermella atendeu a máis de 14.000 persoas en Ourense durante 2025 ante o aumento da vulnerabilidade
La Voz de Galicia Cruz Vermella atendeu a máis de 14.000 persoas en Ourense durante 2025 ante o aumento da vulnerabilidade
A Cruz Vermella en Ourense asistiu a 14.074 veciños durante o pasado ano, un incremento de 300 persoas respecto ao exercicio anterior, marcado pola necesidade de axuda básica e a resposta a emerxencias como os incendios forestais. O balance de actividade aprobado esta semana polo comité provincial revela que a situación de vulnerabilidade na provincia segue sendo crítica. Del total de atendidos, 7.793 persoas requiriron apoio directo para cubrir necesidades fundamentais, como alimentación, vive…
27 de junio de 2026 2 min lectura
PNFPB Install PWA using share icon

For IOS and IPAD browsers, Install PWA using add to home screen in ios safari browser or add to dock option in macos safari browser