← Volver La Voz de Galicia

O Entroido, Ben de Interese Cultural

O Entroido, Ben de Interese Cultural

Fotografía de arquivo. A Limia News.

MIGUEL VILLAR

04 mar 2025. Actualizado ás 11:58 h.

O Entroido incorpórase á lista oficial de Bens de Interese Cultural (BIC), na que xa figuran arredor de 800 bens mobles e inmobles por toda Galicia: igrexas, castelos, pazos, petróglifos, esculturas, libros, torres, castros, mámoas, etc. Ata o momento, o número de bens inmateriais catalogados (entre eles, algúns entroidos singulares como o de Santiago de Arriba, en Chantada) era bastante reducido.

Este recoñecemento ten un importante valor simbólico, aínda que as súas repercusións prácticas no desenvolvemento desta festa popular, que se celebra ano tras ano en aldeas, vilas e cidades de toda Galicia, serán escasas ou nulas. Con todo, supoño que contribuirá a reforzar o seu atractivo nos paquetes turísticos. Cómpre lembrar que algúns entroidos xa ostentan recoñecementos como festas de interese turístico, incluso de nivel internacional, como o de Xinzo de Limia, en Ourense.

O Entroido (carnaval, antroido, entruido…) é unha festa singular, única, a gran festa das festas, configurada na Baixa Idade Media como oposición á Coresma cristiá. Ao longo dos séculos transformouse no que Méndez Ferrín definiu como un «pozo negro de residuos culturais arcaicos». Desprovidos do seu significado orixinal, fóronse incorporando elementos de orixe romana, prerromana e católica, así como influencias do carnaval urbano máis sofisticado e exhibicionista, propio das elites sociais e económicas europeas. O resultado: unha festa rica, variada e poliédrica.

Os profundos cambios sociais das últimas décadas reflictíronse na forma de vivir o lecer festivo. Pero, hoxe como onte, cambiar de identidade, aínda que sexa por unhas horas, mantén o seu encanto. A máscara, a risa, a sátira, a imaxinación e a creatividade seguen a nutrir o crecemento exponencial do carnaval galego nos últimos anos. E non só nas zonas con forte tradición local, senón tamén en moitas vilas e cidades que adoptaron a costume de disfrazarse, invadir as rúas e gozar dunha festa diferente ás habituais e estandarizadas.

Federico Cocho é autor do libro «Carnaval en Galicia».

Archivado en: Carnaval, Escultura, Libros, Residuos, Xinzo de Limia

Fonte: lavozdegalicia.es

Ver noticia completa
Carnaval Chantada Escultura La Voz de Galicia Libros Ourense ciudad prensa Religión Residuos Sociedad Xinzo de Limia
Tamén che pode interesar
O mosteiro de Bon Xesús de Trandeiras, en Xinzo, declarado Ben de Interese Cultural
La Voz de Galicia O mosteiro de Bon Xesús de Trandeiras, en Xinzo, declarado Ben de Interese Cultural
A Xunta de Galicia declarou o Convento do Bon Xesús de Trandeiras, en Xinzo de Limia, como Ben de Interese Cultural (BIC) na categoría de Monumento. Esta protección oficial recoñece o valor histórico e artístico deste conxunto do século XVI. A declaración, aprobada este luns polo Consello da Xunta, garante a conservación tanto do edificio como da súa contorna e de elementos artísticos específicos: O conxunto arquitectónico: Inclúe o claustro, a igrexa (propiedade do Bispado de Ourense), o bosq…
20 de octubre de 2026 1 min lectura
Cinco mulleres da Limia reivindican o seu papel clave na agricultura
La Voz de Galicia Cinco mulleres da Limia reivindican o seu papel clave na agricultura
O mosteiro de Trandeiras, en Xinzo de Limia, acolleu esta semana o encontro «Semillas de Igualdad» para visibilizar o traballo das agricultoras na nosa comarca. O acto, organizado pola empresa Patatas Meléndez con motivo do Ano Internacional da Muller Agricultora, contou coa participación de cinco profesionais da provincia: María Antonia Calvo Carballo, produtora de pataca. Maite Joga, presidenta de Adegal. Lola Rico, coordinadora de Afammer en Ourense. Mónica Míguez e Melanie Araújo, agric…
18 de octubre de 2026 1 min lectura
A Asociación A Pantalla de Xinzo celebra os seus 30 anos cunha festa aberta
La Voz de Galicia A Asociación A Pantalla de Xinzo celebra os seus 30 anos cunha festa aberta
A Asociación Cultural A Pantalla conmemora este sábado, 24 de outubro, as súas tres décadas de vida en Xinzo de Limia cun acto institucional e un concerto gratuíto. O colectivo, fundado en 1996 para protexer a identidade do Entroido limiano, organizou unha xornada especial para celebrar a súa traxectoria: 20.30 horas: Acto no Museo Galego do Entroido. Repasarase a historia da entidade, nomearanse socios honoríficos a varias directivas e colaboradores históricos, e recibirase a doazón dunha más…
17 de octubre de 2026 1 min lectura
PNFPB Install PWA using share icon

For IOS and IPAD browsers, Install PWA using add to home screen in ios safari browser or add to dock option in macos safari browser