← Volver La Voz de Galicia

A corrección do entroido

A corrección do entroido

Fotografía de arquivo. A Limia News.

MIGUEL VILLAR

06 feb 2024 . Actualizado a las 05:00 h.

Todos os anos, cando chega o entroido, xorden as mesmas preguntas das amizades que queren saber como é posible que en Xinzo esteamos máis de un mes celebrando a festa dun xeito tan afervoado e teimudo. As respostas, non sempre doadas, adoitan descansar na correa xeracional dunha tradición que vai alagando todo dun forte sentimento que, para moita xente de fóra, poida parecer un chisco irracional. Mais non o é para a xente da vila, que gusta de esconxurar os problemas nestes días alegres que son a lavativa anual dun espírito que constrúe algo importante e inmaterial. En Xinzo, todo o ano é unha sorte de preparación e hai casas onde o entroido sempre está presente nunha agulla que cose, no engrudo para empapelar unha pantalla, na cabeza ociosa de alguén que anda a cavilar en algún espectáculo orixinal e improvisado, nese rapaz que freta as campaíñas que xa lles puxeron música aos entroidos do pai, do avó e mesmo do bisavó, nesa comparsa que reúne unha morea de veciños nun baixo frío para entreteceren as mans e, pór remate, a eses disfraces que despois exhiben polas rúas cun orgullo local… Todo o ano semella destinado a estes días. Con todo, nos últimos tempos, por mor da masificación e dos excesos que leva aparellados, houbo unha corrección case natural: o desprazamento da importancia dos días centrais cara aos días do fareleiro, oleiro ou corredoiro, que no pasado tiñan unha carga ritual e unha participación apenas testemuñal. Por sorte, agora o conto virou e estes días deixaron de ser previos e colleron o aire tradicional dos vellos entroidos, cando as pantallas aínda tiñan espazo para correr e un podía argallar o seu espectáculo particular para gozo da veciñanza sen se ver esmagado pola enxurrada de visitantes. A ver o que nos dura.

Archivado en: Entroido Xinzo de Limia Carnaval

Fonte: lavozdegalicia.es

Ver noticia completa
Carnaval Entroido La Voz de Galicia Opinión prensa Xinzo de Limia
Tamén che pode interesar
A Asociación A Pantalla de Xinzo celebra os seus 30 anos cunha festa aberta
La Voz de Galicia A Asociación A Pantalla de Xinzo celebra os seus 30 anos cunha festa aberta
A Asociación Cultural A Pantalla conmemora este sábado, 24 de outubro, as súas tres décadas de vida en Xinzo de Limia cun acto institucional e un concerto gratuíto. O colectivo, fundado en 1996 para protexer a identidade do Entroido limiano, organizou unha xornada especial para celebrar a súa traxectoria: 20.30 horas: Acto no Museo Galego do Entroido. Repasarase a historia da entidade, nomearanse socios honoríficos a varias directivas e colaboradores históricos, e recibirase a doazón dunha más…
17 de octubre de 2026 1 min lectura
La Casa da Cultura de Xinzo cita a profesionales de la enseñanza
La Voz de Galicia La Casa da Cultura de Xinzo cita a profesionales de la enseñanza
Casa da Cultura de Xinzo Agos Iglesias Este sábado se celebra la tercera Rebelión Docente 16 oct 2026 . Actualizado a las 05:00 h. La Casa da Cultura de Xinzo será escenario este sábado de la tercera Rebelión Docente, una jornada educativa dirigida a profesionales de la enseñanza. El lema de la edición es «O cambio está en ti» y están previstas, de 9.00 a 20.30 horas, las intervenciones de Raúl Bermejo, Víctor Arufe, Sabela Salgueiro, Teresa Neira, Amé…
16 de octubre de 2026 1 min lectura
Fracasa o intento de acordo polo asalto violento a un construtor de Lobios
La Voz de Galicia Fracasa o intento de acordo polo asalto violento a un construtor de Lobios
A Fiscalía pide máis de 70 anos de cárcere para os acusados do asalto a un empresario en Lobios, tras fracasar un novo intento de pacto entre as partes. O xuízo segue adiante despois de que os sospeitosos non lograsen chegar a un acordo para evitar a vista oral. Estes son os puntos clave da situación actual: Petición de pena: O ministerio fiscal solicita en total máis de 70 anos de prisión para os implicados. Indemnización: Cada un dos acusados deberá pagar ao construtor afectado a cantidade …
6 de octubre de 2026 1 min lectura
PNFPB Install PWA using share icon

For IOS and IPAD browsers, Install PWA using add to home screen in ios safari browser or add to dock option in macos safari browser