← Volver La Voz de Galicia

A Coral de Ruada concede o premio Xavier Prado «Lameiro» á Asociación Cultural Aimil Folc, de Xinzo de Limia

A Coral de Ruada concede o premio Xavier Prado «Lameiro» á Asociación Cultural Aimil Folc, de Xinzo de Limia

Fotografía de arquivo. A Limia News.

Estatua de Xavier Prado Lameiro no Xardín do Posío de Ourense. Santi M. Amil

O colectivo de Xinzo de Limia foi galardoado polo seu «traballo e compromiso coa cultura popular galega»
12 may 2024 . Actualizado a las 18:00 h.

A Asociación Cultural Aimil Folc, de Xinzo de Limia, foi galardoada co Premio Xavier Prado Lameiro que concede a Coral de Ruada. A distinción convocouse por duodécimo ano para recoñecer o traballo que desenvolve unha persoa ou colectivo que destaque «polo seu compromiso coa cultura de Galicia de expresión en idioma galego e de carácter popular, fundamentalmente no eido do folclore e, máis concretamente, na música popular e polifónica galegas».

Para esta edición, o xurado compostp por membros da Coral de Ruada acordou outogar o premio a Aimil Folc polo traballo que «ao longo de máis de vinte anos leva realizado no campo da investigación, conservación e divulgación do noso folclore tradicional, non só a través da música, senón tamén por medio de tódalas demais manifestacións etnográficas». Deste xeito, o xurado tivo en conta o traballo que fai esta asociación con grupos instrumentais, a recuperación de traxes tradicionais, as escolas ou eventos culturais que fomentan. O Premio Xavier Prado Lameiro recoñece, pois, según os convocantes o «traballo e compromiso coa cultura popular galega» e a «coherente andaina» da agrupación premiada.
O premio será entregado o venres 24 de maio, a partir das 20.00 horas, no Teatro Principal de Ourense.
 

Archivado en: Xinzo de Limia Folk Ourense ciudad

Fonte: lavozdegalicia.es

Ver noticia completa
Folk La Voz de Galicia Ourense ciudad prensa Xinzo de Limia
Tamén che pode interesar
O mosteiro de Bon Xesús de Trandeiras, en Xinzo, declarado Ben de Interese Cultural
La Voz de Galicia O mosteiro de Bon Xesús de Trandeiras, en Xinzo, declarado Ben de Interese Cultural
A Xunta de Galicia declarou o Convento do Bon Xesús de Trandeiras, en Xinzo de Limia, como Ben de Interese Cultural (BIC) na categoría de Monumento. Esta protección oficial recoñece o valor histórico e artístico deste conxunto do século XVI. A declaración, aprobada este luns polo Consello da Xunta, garante a conservación tanto do edificio como da súa contorna e de elementos artísticos específicos: O conxunto arquitectónico: Inclúe o claustro, a igrexa (propiedade do Bispado de Ourense), o bosq…
20 de octubre de 2026 1 min lectura
A Audiencia de Ourense confirma seis meses de cárcere para un home por acosar á súa exmuller
La Voz de Galicia A Audiencia de Ourense confirma seis meses de cárcere para un home por acosar á súa exmuller
A Audiencia Provincial de Ourense ratificou a condena de seis meses de prisión para un home que incumpríu unha orde de afastamento en Xinzo de Limia. O suceso ocorreu o pasado 6 de abril, cando o condenado se achegou á súa exparella mentres ela estaba nunha terraza dun bar. O home tiña prohibido aproximarse a menos de 100 metros da muller por unha sentenza ditada en xaneiro. Estes son os detalles clave do caso: O pretexto: O home xustificou a súa presenza dicindo que ía entregar ao fillo que …
8 de octubre de 2026 1 min lectura
Cinco mulleres da Limia reivindican o seu papel clave na agricultura
La Voz de Galicia Cinco mulleres da Limia reivindican o seu papel clave na agricultura
O mosteiro de Trandeiras, en Xinzo de Limia, acolleu esta semana o encontro «Semillas de Igualdad» para visibilizar o traballo das agricultoras na nosa comarca. O acto, organizado pola empresa Patatas Meléndez con motivo do Ano Internacional da Muller Agricultora, contou coa participación de cinco profesionais da provincia: María Antonia Calvo Carballo, produtora de pataca. Maite Joga, presidenta de Adegal. Lola Rico, coordinadora de Afammer en Ourense. Mónica Míguez e Melanie Araújo, agric…
18 de octubre de 2026 1 min lectura
PNFPB Install PWA using share icon

For IOS and IPAD browsers, Install PWA using add to home screen in ios safari browser or add to dock option in macos safari browser